Alalá nº 35 "Batuko Tabanka"- TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 17 чер 2015
  • ALALÁ nº 35 "BATUKO TABANKA" - TVG
    Emisión: 16.01.2007
    Esta noite o Alalá dá un novo paso no mundo da música tradicional galega. En plena mariña lucense atopamos un grupo de mulleres que viñeron hai 30 anos de Cabo Verde para quedar en Burela, traballar no mar e nas casas e, de paso, enriquece-la a nosa cultura musical fundando Batuko Tabanka. A súa pandeireta é o Batuko, a súa muiñeira o torno; e os seus ritmos o arrapika e o pam pam. Galicia e África a un paso unidas pola música… ¿a que soa ben?
    Vir dunha illa africana. Facer música e baile tradicional da súa terra e gaña-lo respeto dos galegos. Así son as doce integrantes de Batuko Tabanka que esta noite ensinannos como Galicia, terra de emigrantes, acolleu dende hai 30 anos ás súas familias cando chegaron en busca dunha vida mellor. Coma moitas Burelás son mulleres de mariñeiros e cantadeiras. Con outro estilo e outra cor, pero co mesmo sentimento ca nós de amor cara a súa música. Por iso no mesmo programa que retratou a música das Malvela ou as cantadeiras de Laxoso tamén hai un oco para as Caboverdianas de Burela. Esta noite Batuko Tabanka.

КОМЕНТАРІ • 9