OS CACHARREIROS DE NIÑODAGUIA: A TERRA NAS MANS

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 31 гру 2022
  • OS CACHARREIROS DE NIÑODAGUIA: A TERRA NAS MANS (78 min.)
    Televisión de Galicia emitiu este programa especial dedicado aos cacharreiros de Niñodaguia. Unha celebración da olería tradicional en Niñodaguia, con algúns dos mellores grupos do actual panorama musical galego, e a recreación dunha fornada tradicional. No programa desfrutaremos da festa pero tamén veremos algúns dos segredos da olería tradicional e o que fan os veciños de Niñodaguia para defender o oficio.
    O traballo da olería tradicional leva tempo en perigo grave de extinción. Pero nunha pequena aldea galega, Niñodaguia, Agustín Vázquez, mestre cacharreiro, e os veciños do lugar loitan duramente para que a crónica desta morte anunciada non se chegue a producir.
    E como loitan contra o inevitable? Pois cun traballo exemplar de transmisión, difusión e participación. Organizan mostras da olería doutros lugares para estar ao día; encontros interxeracionais entre os máis vellos e os máis novos para transmitir o saber; clases de olería; festas e concertos; e converteron en celebracións algúns dos procesos do oficio, como as fornadas tradicionais.
    Tal como nos amosou a pandemia o “made in china” xa non é unha solución fiable en tempos de crise, así que volvemos a valorar o artesán, o produto de proximidade, o feito na casa. Por ese motivo decidimos unirnos aos veciños de Niñodaguia e celebrar con eles e con toda Galicia esta gran festa da olería e dos oficios tradicionais.
    “Os cacharreiros de Niñodaguia: A terra nas mans”, un programa da televisión pública de Galicia dirixido por Senén Bernárdez, é unha festa pero tamén un documento sumamente valioso, que o tempo irá poñendo aínda máis en valor. Un documento sobre un dos nosos oficios máis antigos , auténticos e valiosos, o oficio dos oleiros ou cacharreiros.
    Acompañamos os veciños nas súas actividades durante máis de dous anos e invitamos músicos galegos de primeira liña e diferentes estilos, como Tor, Ao fondo da barra, Mekanika Rolling Band ou Som do Galpom. Porque esta é unha loita de todos, dos vellos e dos novos, dos veciños de Niñodaguia e de todos os galegos que queremos preservar a nosa cultura. Música e oficios tradicionais van hoxe da man de Agustín, Enrique, José, Benigno e todos os cacharreiros de Niñodaguia para defender o “feito na casa”, o “feito en Galicia”.
    A produción industrial moderna é unha longa cadea, con centos de persoas; oficios, que en diferentes lugares, países e incluso continentes, interveñen na obtención de materias primas, man de obra, fabricación de compoñentes, patentes, deseños, transporte, marketing e comercialización.
    Polo contrario, un cacharreiro é autosuficiente. Fai todos os pasos da fabricación, distribución e venda dun cacharro: a extracción do barro na barreira, a preparación do barro, o modelado na roda, o secado, a cocción, o vernizado e a venda. Os cacharros son un dos poucos produtos feitos dende principio a fin no mesmo lugar, neste caso, Niñodaguia.
    Un magnífico exemplo de sustentabilidade neste tempos de crise de materias primas e da deslocalización de empresas.
    OS CACHARREIROS DE NIÑODAGUIA: A TERRA NAS MANS
    Programa emitido por Televisión de Galicia o 24 de decembro, ás 15.45 h.

КОМЕНТАРІ • 1

  • @mariaabusimbel2076
    @mariaabusimbel2076 6 місяців тому

    Que honor valorar a noxa cultura. Desde Vitoria muy agradecida de transportarme a noxa terra. Gracias❤. Bikiños. Simplemente maravilloso 👏 💕 💖 🙌 ❤❤❤