Alalá nº 36 "Cantigas e Agarimos" - TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 25 чер 2015
  • ALALA Nº 36
    CANTIGAS E AGARIMOS
    Data de emisión: 23/01/2007
    Hoxe o programa Alalá revive a historia dunha das agrupacións que marcou a vida da sociedade Compostelá e de centos de santiagueses. A Asociación folclórica “Cantigas e Agarimos” presentouse á cidadanía no ano Mil novecentos vinteun e nos seus oitenta e cinco anos de historia converteuse nunha das formacións corais galegas mais importantes desde os comezos do rexurdimento cultural galego.
    De tódalas figuras destacables que impulsaron Cantigas hai que destacar a Bernardo del Río, fundador e director do coro ata o 1952, ano no que morreu.
    No pasado ano dous mil seis conmemorouse cunha gala aniversario os oitenta e cinco anos de vida desta formación que ten a súa sede, desde o 1959 na Algalia de Arriba. Tamén presentaron un CD: “Na Algalia de Arriba” con gravacións históricas da coral, todas elas orixinais e realizadas nos anos cincuenta.
    O recoñecemento que recibiron os componentes de Cantigas e Agarimos correspondíase co papel que a agrupación tiña na sociedade. O seu protagonismo chegou á radio, televisión, xornais, películas e discos. Como tódalas historias, ademais de épocas douradas houbo outras nas que costou moito subsistir pero o tesón, sentimento e traballo de xente vencellada á formación fixo que permanecera ata os nosos días.
    Na actualidade Cantigas mantén a filosofía dos seus comezos, conservando a lingua galega e o folclore, as nosas sinais de identidade con orgullo. Ademais da coral, contan con grupo instrumental, pandereteiras, grupo de baile e unha Escola de muiñeira que segue a formar a mais de douscentos mozos de toda Compostela.
    O traballo de tantos anos vese recompensado con premios, mencións, xiras, concursos ou Festivais grazas o esforzo desinteresado de tantos amantes da cultura galega. Alalá hoxe visitará a Asociación, falaremos cunha novísima Xunta Directiva, coñeceremos a algúns membros da coral e veremos ós mais pequerrechos de Cantigas e Agarimos, os que probablemente continuen con esta historia alomenos oitenta e cinco anos mais.

КОМЕНТАРІ • 1

  • @manuelposse9560
    @manuelposse9560 8 років тому +2

    Gracias este reportaje está muy bien puesto yo soy de Santiago y hace 42 años que emigre para Los Estados Unidos y hoy mi hermana me mando el vídeo y como a todos los emigrantes se me ponieron los pelos de punta y morriña gracias Estrella