Alalá nº 44 "Donicelas"- TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 1 вер 2015
  • ALALA Nº 44 - "DONICELAS"
    Data de emisión TVG: 27/03/2007
    Hoxe o programa Alalá vailles conta-la historia dunhas cativas de Salceda de Caselas, as DONICELAS, que con tan só nove aniños ilusionaronse coa música da nosa terra. Para elas a pandeireta e os cantos tradicionais comezaron sendo un xogo, pero as nenas medraron e o xogo transformouse nunha das súas paixóns.
    O destino quixo que coincidiran cun mestre, Toniño, do grupo Treixadura, que soubo facer da música unha materia atractiva, que conseguiu que este obradoiro fose o mais solicitado para as pequenas artistas. A música das Donicelas enfeitizou primeiro a un colexio, logo a toda unha vila e así apareceron as primeiras actuacións, empezaron a soar na radio, na televisión e chegou un dos sonos mais ansiados por elas: a gravación do seu primeiro disco.
    Hoxe as mozas compaxinan os seus traballos e as súas familias coa música, que está presente sempre nas súas vidas. Tere, Bea, Noelia e Isa son as catro amigas que están xuntas desde os comezos deste proxecto musical e xa van alá case vinte anos. Co tempo incorporaronse Andrea e Rosa e esta fermosa historia segue viva pola amizade que as une e polo ben que o pasan xuntas.
    No programa Alalá desta noite as voces das Donicelas estarán acompañadas por Treixadura e polo Orfeón Treixadura. Veremos como é a vida destas Donicelas e entenderemos por que as súas voces seguen a enfeitizar do mesmo xeito que o facían de pequeniñas.

КОМЕНТАРІ •