Alalá nº 34 "Berrogüetto" - TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 17 чер 2015
  • ALALA Nº 34 - BERROGÜETTO
    Data de emisión: 02/01/2007
    Hoxe o programa Alalá conta coa presencia de Berrogüetto, unha das bandas galegas con mais proxección internacional e que fai agora dez anos viñeron revolucionar o panorama da música folk. Coincidindo con este décimo aniversario lanzaron ó mercado o seu cuarto disco: 10.0. Con esta entrega fan un punto e aparte, o punto cero ven por ser unha nova etapa na que estrean selo discográfico propio, Berrogüetto Produccións S.L. Deste xeito o grupo asume desde a autoxestión de concertos ata a autoproducción do disco.
    Para o grupo máis recoñecido da música de raíz galega, con este traballo hai un sentido da continuidade que o podería converter no epílogo dunha etapa e no prólogo da seguinte. Unha obra moi coral, cunha participación moi similar por parte de tódolos membros da banda.
    En Berrogüetto hai sete almas distintas, sete músicos que beberon de distintas influencias musicais, grazas a esta mestura, a horas de traballo e á amizade que hai entre eles, as súas propostas musicais fixéronnos merecedores dunha grande repercusión mediática e numerosos premios en Galicia e no extranxeiro.
    Hoxe en Alalá os sete Berrogüettos falarannos do entorno que crearon desde que están xuntos, dos procesos creativos, das xiras polo mundo adiante, das sensacións, das emocións, do compromiso e nunha palabra, do Universo Berrogüetto. Cada un expresarase a través do seu instrumento e da súa palabra.
    O equipo de Alalá desprazouse ata o local de ensaio de Caldas. Alí Guadi, Quico, Guille, Anxo, Quim e Isaac dedicáronlle un momento do programa ó seu compañeiro Santi. Un emocionante agasallo que lle fará recordar por moitas razóns o 2006 e este disco 10.0.

КОМЕНТАРІ • 1