Urraca I de León, a Temeraria

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 3 жов 2024
  • 🔗www.depo.gal/-...
    Rebelde e apoderada, Urraca I de León foi a primeira monarca de Europa en exercer un reinado de pleno dereito. Filla e sucesora de Afonso VI e Constanza de Borgoña, en 1109 ascendeu ao trono do reino de León, que abarcaba tamén Galicia. Durante o seu mandato demostrou ser unha muller moi adiantada á súa época, que cambiou as regras que marcaban como debían comportarse as raíñas. A súa tía e homónima, Urraca de Zamora, instruíuna e serviulle de referente para non deixarse asoballar. Ela era tamén unha muller moi intelixente e rebelde que estudaba, participaba nas conversacións políticas, montaba dacabalo e ía de cacería cos seus irmáns.
    Non a deixaron gobernar pero proxectou na súa sobriña todo o que querería facer, e logrouno. Na España medieval de principios do século XII, nun mundo masculino onde as raíñas só podían dar herdeiros e contribuír co seu dote, a vida de Urraca I de León, alcumada a Temeraria polo seu carácter batallador, foi unha loita constante por conservar o poder e a integridade dos seus feudos ante as ameazas das e dos inimigos e dos seus propios parentes. As e os partidarios do seu fillo chegaron a cercala no castelo de Sobroso pero, malia as numerosas conspiracións, Urraca logrou gobernar en solitario ata o final da súa vida. Tras a súa morte, acusárona de reinar tiránica e femininamente e sufriu a condena da memoria ou damnatio memoriae, que durante moitos séculos ocultou o seu gran papel como unha das raíñas máis determinantes da historia de España, só polo feito de ser muller.

КОМЕНТАРІ •