📡 María Pardo Trapote

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 3 жов 2024
  • 🔗www.depo.gal/e...
    O 13 de xaneiro de 1892 naceu en Vigo María Pardo Trapote. A súa infancia transcorreu entre a quinta familiar do Troncal, no barrio vigués de Teis, e a cidade de Pontevedra, onde vivían seus avós maternos. Rematou con excelentes cualificacións os seus estudos na Sociedade Económica de Santiago e os cursos de piano e canto. A partir de 1913 comezou a destacar como unha brillante artista lírica e participou nun concurso no que obtivo unha pensión para ampliar os seus estudos en Italia, cunha estancia no conservatorio de Milán. A finais de 1915 constituíu un grupo musical coa violinista María Chaves, coa que realizou unha excursión artística por Galicia. Chegou a actuar tamén no Teatro Español de Madrid e en Portugal, onde casou en 1919. Tras unha etapa no país veciño emigrou aos Estados Unidos, onde comezou unha nova relación con Vicenzo Calvaresi, profesor de linguas romances, e pasou a ser coñecida como María Pardo de Calvaresi. En 1935 o seu nome apareceu nun programa da Sinfónica de Boston como soprano operística e profesora de canto. Esta gran dama da ópera faleceu en Boston o 9 de setembro de 1965, aos 73 anos, discípula do mestre, empresario teatral e director de ópera José Tolosa, e do barítono e profesor de música e declamación Ignacio Tabuyo y Muro. Falamos coa súa sobriña neta, Pilar de Saa, e coa musicóloga e investigadora Marieta Lorenzo, centrada na recuperación das figuras galegas da lírica nacional e internacional.

КОМЕНТАРІ •