Alalá nº 118 "Noites de Tasca" - TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 18 лют 2016
  • Visita a nosa canle: alala.crtvg.es
    Alalá nº 118 "Noites de Tasca" - TVG
    Emisión en Televisión de Galicia: 6/10/2009
    Lugar de gravación: Ordes +
    “Noites de Tasca” é un retrato da vertente máis espontánea e pegadiza da tradición: a música de tasca. Personaxes como Josefa de Bastavales, Pepe Temprano, ou Pazos de Merexo, amenizarán unha velada na que nos desvelarán historias das tascas nunca antes contadas. Os novos tamén serán protagonistas neste programa, no que se misturan tódalas idades co obxectivo de vivir a música, cantares de cego, e festa a rachar.
    A quinta tempada de Alalá ven precedida do éxito de crítica e audiencia como programa cultural nas catro tempadas anteriores e virá cargado de novidades e capítulos emocionantes este ano: o histórico grupo “Fuxan os Ventos” será protagonista dunha das novas entregas do programa, así como os gaiteiros galegos emigrados a Río de Xaneiro en Brasil. O testimonio social e etnográfico tamén estará presente esta tempada con capítulos como o adicado ó ciclo da elaboración do pan, en tódalas súas fases, dende a sementeira ata o amasado e claro está, a música que acompaña cada paso do proceso. As festas populares tamén terán cabida nos novos capítulos de Alalá, este ano viviremos en primeira persoa a maxia dun tipo de celebración musical que supón o saúdo ó sol, á mañá e a vida: as alboradas.

КОМЕНТАРІ • 5

  • @monicabsanchez6606
    @monicabsanchez6606 Рік тому

    Amo España ourense Galicia son mí refugio en este momento muy especial para mí mí hijo sé fue a vivir su vida el nido quedó vacío ustedes son mí refugio gracias España ourense Galicia 💝💋

  • @maruxalopez7602
    @maruxalopez7602 3 роки тому

    Oxala voltedes pronto a Nosatelevision

  • @alfonsogonzalez5444
    @alfonsogonzalez5444 7 років тому +1

    hola alala moitisimas gracias por esta grande musica de gaitas gallega

    • @AlalaTVG
      @AlalaTVG  7 років тому +1

      Saúdos, Afonso. Grazas a ti.

    • @alfonsogonzalez5444
      @alfonsogonzalez5444 7 років тому

      Pa min como un galego que levo no extanxeiro dede 1971 he una alegria poderla escuchar