Alalá nº 19 "Hermelinda do Muíño" - TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 8 вер 2024
  • ALALÁ Nº 19
    HERMELINDA DO MUÍÑO
    (Emisión: 27 / 06 / 06)
    Na última semana de xuño, o equipo do programa Alalá lévanos ata terras da Limia alta, concretamente ó concello de Sarreaus. Alí coñeceremos a Hermelinda do Muíño, unha muller entrañable que conserva na súa memoria unha gran cantidade de coplas que escoitaba cando aínda era unha nena. Con ela coñeceremos as coplas que lles cantaban os mozos as mozas cando saían de rolda e tamén escoitaremos as que se cantaban no fiadeiros e que acompañaban con latas de pementón e de carburo. Pero o máis salientable de Hermelinda e que tamén recorda longos romances sobre tristes historias de amor e moitos cantares de cego. Os cegos eran auténticos personaxes a principios do século pasado cando percorrian a pé longas distancias para vender as súas coplas nas feiras. Coplas coas que narraban truculentas historias de crimes e suicidios ocorridas noutros puntos de España. Eles eran os transmisores orais desas novas que, ademais, vendían en cuartillas. Precisamente Hermelinda era sobriña dun deste s personaxes, Ángel López, coñecido na redonda coma o Cego de Sas. Del falaremos con Hermelinda que tamén nos contará como foi a súa vida de muiñeira, porque esta muller viviu máis de trinta nun muíño acompañada polo seu marido, Miguel. Alí, afastados do mundo, traballaban e cantaban durante horas o que permitiu que Hermelinda repasase centos de coplas que foi fixando na súa memoria. Agora, con oitenta anos, vive soa, canta polo baixo e, cada día fai un esforzo por recuperar do esquecemento algunha vella copla que comeza a esvaerse.

КОМЕНТАРІ • 2

  • @timgrant1796
    @timgrant1796 4 роки тому +1

    Ben feito. É tan importante preservar aquilo que non se debe perder nin esquecer. Este é o fundamento da base da gran música de galego da que hoxe gozamos tanto. Moitas grazas.

    • @AlalaTVG
      @AlalaTVG  4 роки тому

      Gracias a ti, Tim, por apreciar o noso traballo