Alalá nº 217 "10 anos de Alalás" - TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 25 лют 2016
  • Alalá nº 217 "10 anos de Alalás"
    Emisión en Televisión de Galicia: 06-02-16
    Canle Temática de Alalá: alala.crtvg.es
    10 anos de Alalás
    Emisión: 6-2-2016
    Televisión de Galicia celebra este sábado os 10 anos do programa Alalá cun programa especial. Neste especial intervirán algúns dos músicos que protagonizaron o programa.
    Palabras e músicas dalgúns dos máis destacados expoñentes da música galega destes anos. Malvela, Treixadura, SonDeSeu, Quempallou, Xavier Blanco, Radio Cos, Uxía ou Xabier Díaz e tamén os informantes que nos transmitiron o seu saber e as súas músicas, como Manuel Viqueira, César Fernández, Sra. Carme, Aúrea, Manuela de Barro de Arén, Pazos de Merexo, Seivane e moitos outros.
    O momento no que se gravou Alalá, do 2006 ao 2016, e a forma na que se gravou, fan de todo o material do programa un documento extraordinariamente valioso sobre a música e a cultura de Galicia, e ese valor irá crecendo exponencialmente co paso do tempo. Nestes anos o programa Alalá gravou a música tradicional situada no seu contexto real, o rural, e as diferentes expresións que se ían producindo a través dos ciclos do ano. A transformación da vida na aldea pola mecanización e a modernización e polo abandono e migración ás cidades, fan que todo isto fose desaparecendo, sendo xa un vestixio. O programa Alalá conseguiu rexistrar o seu espírito para as xeracións vindeiras.
    No especial que veremos este sábado disfrutaremos de grandes actuacións musicais e momentos inesquecibles protagonizados por vellos gaiteiros, bailadores e pandereteiras, que nos contaron en primeira persoa como era a música tradicional no seu contexto, o das tarefas do campo, os seráns e as foliadas. Que nos contaron as súas historias, como vivían e que pensaban do mundo que lles tocou vivir.

КОМЕНТАРІ • 7

  • @martacamba1822

    Viva Galicia desde Argentina !!!❤❤❤

  • @carloslemes2261
    @carloslemes2261 Рік тому +2

    Gosto de ouvi-los a cantar em galego, berço sagrado da língua portuguesa.

  • @eduardorego6574
    @eduardorego6574 2 роки тому +4

    Tremendo video como o disfrutei os saluda un galego que naceu na marina de lugo felicitaciones che desa outro Rego de xove que o destino levouno a vivir a u.s.a

  • @mariaortizsantodomingo7787
    @mariaortizsantodomingo7787 2 роки тому +3

    tienen que volver a hacer este programa

  • @carloslemes2261
    @carloslemes2261 Рік тому +2

    É SEMPRE uma alegrias e um prazer p'ra Nós, dentre os 215 milhões de brasileiros conscientes, de ouvir os cantares galegos...

  • @carloslemes2261
    @carloslemes2261 Рік тому +1

    P

  • @cachabello6842

    QUÉ GRANDES SONDES, ISTO E MUSICA E DA BOA ❤👏👏👏