Pärbo. Begoña Riobó e Anxo Pintos. Xotas de Florencio ::: Música no Claustro 2021.

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 10 лют 2022
  • En anteriores concertos de Música no claustro era habitual atopar entre o público a Begoña Riobó e a Anxo Pintos. Dous nomes capitais da música galega que mostran un aprecio especial ao festival e a quenes ofrecemos a segunda carta branca de creación desta edición. Un convite ao que responderon co concepto de «músicas seminúas de trazabilidade próxima para unha experiencia receptora de corpo aberto á distancia mínima posible» baixo o título de MÉUNIMO.
    En paralelo a súa actividade pedagóxica na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo ETRAD, dende o ano 2019 Begoña Riobó e Anxo Pintos canalizan, en boa medida, a súa actividade escénica e musical no dúo PÄRBO. Un ensemble exiguo, para músicas contempo-devanceiras, que camiña co centro de gravidade ben asentado na música patrimonial de Galicia. Según Riobó e Pintos, esa pescuda do repertorio tradicional «non nos impide buscar tratamentos e facer procuras osmóticas noutras leiras estéticas para asinarmos acabados sonoros de dixestión contemporánea».
    Este concerto enmárcase no Foro profesional de Instrumentos musicais #Resonancias apoiado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia. Un encontro de artesáns e artistas que ten por obxectivo tratar aos instrumentos musicais e aos oficios como elementos de identidade cultural e oportunidade de mercado. Nesta relación simbiótica, entre intérpretes e instrumentos, descubrimos no claustro gótico da Catedral de Tui o son dos violíns de José Catoira ou o novo punteiro grave de gaita desenvolto por Xosé Manuel Gil e Antón Corral.
    www.musicanoclaustro.com/2021...

КОМЕНТАРІ • 8

  • @victoralonso6055
    @victoralonso6055 Рік тому +3

    Ei carballeira. Que dous fenómenos!!

  • @manoeldacostapardo389
    @manoeldacostapardo389 2 роки тому +3

    Incríbles músicos e, sobre todo, marabillosas persoas!

  • @XulioDezagoire
    @XulioDezagoire 2 роки тому +1

    🤌 Magníficos! 👏👏👏

  • @carlosvila7716
    @carlosvila7716 2 роки тому +1

    Facian mil diabluras.

  • @Merkaderius1
    @Merkaderius1 2 роки тому

    Muy mal por el arreglo. Cuando la zanfona toca la melodía, la violinista debería limitarse a tocar notas pedales o dobles cuerdas en lugar de seguir invadiendo el espacio sonoro. Me ha hecho sentir muy incómodo.