NADIA VÁZQUEZ MARTÍNEZ: A musette no século XVIII. Música no Claustro 22

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 6 сер 2024
  • Gravación audiovisual financiada cos fondos Next Generation da Unión Europea a través do INAEM-Ministerio de Cultura e Deporte, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, do concerto celebrado no claustro medieval da Catedral de Tui o 4 de agosto de 2022 coa colaboración do Concello de Tui, a través da súa Concellaría de Cultura e Ensino, e da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
    00:00 Nadia Vázquez Martínez
    01:36 BOISMORTIER: Concerto pour Zampogna de Six sonates en trio suivies de deux concertos, op. 28
    10:17 SPOURNI: Sonata no.1 en Do maior de Six trio sonatas, op. 6
    21:32 DUGUÉ: Premiére sonate de Sonates en trio pour les musettes, vièles et basse-continue, op. 4
    28:20 CHÉDEVILLE: Sonatille Troisième en Do menor
    32:51 MARIN MARAIS: Suite en Sol menor de Piéces en Trio
    44:21 BOISMORTIER: Deuxième ballet de 4 Ballets de Village en Trio, op. 52
    Video: Gus Abreu
    Son: Suso Ramallo
    A musette é un instrumento de vento que presenta certas similitudes coa gaita. O seu repertorio está vencellado á música na corte francesa durante os reinados de Luis XVI “O Rei Sol” e de Luis XV “O Benamado”, entre o que destaca a obra de Joseph Bodin de Bois Mortier (1689-1755), o compositor máis prolífico do século XVIII francés, e a do compositor, comerciante, musettista, oboísta e construtor de instrumentos Espirt Philippe Chédeville (1696-1762).
    Na actualidade é un instrumento pouco habitual é son contadas as persoas que se dedican profesionalmente á súa interpretación, entre as que se atopa a gaiteira galega Nadia Vázquez Martínez, quen entrou en contacto coa musette na Universidade LUCA Escola de Artes do Campus Lemmens en Bélxica da man do Dr. Jean-Pierre Van Hees, un dos maiores especialistas do mundo.
    Este concerto é o resultado dunha residencia artística impulsada por Música no Claustro e á que Nadia Vázquez Martínez convidou ao violinista Luis Corral e á gambista Patricia Rodríguez Rivero. Un concerto que nos transporta ao imaxinario barroco na conmemoración dos 300 anos do retablo da Expectación da Catedral de Tui, encargado polo Cabido en 1722 a Antonio del Villar, escultor de Redondela. As súas considerables dimensións e a súa coidada factura iconografía convérteno nunha das principais obras monumentais da sede tudense. Nel destaca a representación da Virxe encinta e un medallón central coa escena do Nacemento no que un músico pastor toca a gaita.

КОМЕНТАРІ • 2