CAAMAÑO&AMEIXEIRAS: Aire! Música no Claustro 22

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 7 сер 2024
  • Gravación audiovisual financiada cos fondos Next Generation da Unión Europea a través do INAEM-Ministerio de Cultura e Deporte, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, do concerto celebrado no claustro medieval da Catedral de Tui o 2 de agosto de 2022 dentro do ciclo AIEnRUTa-Artistas coa colaboración do Concello de Tui, a través de su Concellaría de Cultura e Ensino, e da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
    00:00 Caamaño Ameixeiras
    02:06 Florencio
    05:39 Le Bal de la Marine
    10:27 Mercedes y Dolores
    15:23 Se souberas
    20:40 Alegría Dio'la dea
    23:34 Rondeau Francogalaico
    29:48 Maneo de Cambre
    36:52 Buchimitsa
    42:23 Vals de pasmar
    46:53 A pequena morte
    53:10 Maribel
    58:19 Aire
    01:04:03 Transatlántico
    Video: Gus Abreu
    Son: Suso Ramallo
    Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Aire! é o seu primeiro traballo discográfico que toma como punto de partida a tradición galega para explorar as músicas populares doutras culturas. Un dúo que reivindica o papel da muller como artista e como creadora, desenvolvendo o seu propio imaxinario musical e comprendendo a tradición como algo vivo. A esencia do popular é levada a linguaxes e recursos contemporáneos, a través de composicións persoais e íntimas que manteñen a urda de onte e incorporan a forma de hoxe.
    Caamaño&Ameixeiras chegan a Música no Claustro co apoio de AIE Sociedade de Artistas, Intérpretes e Executantes, no medio dunha intensa xira de verán que as leva a percorrer a Península Ibérica de norte a sur, de oeste a leste, así como na Bretaña francesa e en Italia.
    Sabela Caamaño (Oza dos Ríos, 1990) é titulada superior en Acordeón, Pedagoxía da Linguaxe Musical e Piano, e actualmente traballa como profesora no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Como pianista destaca a súa gravación da banda sonora do filme Elisa e Marcela de Isabel Coixet e como acordeonista centra a súa actividade no dúo Caamaño&Ameixeiras, punto de encontro da súa formación académica co mundo da música tradicional e popular galega co que está unida dende a súa infancia.
    Nese universo da cultura de raíz, Antía Ameixeiras (Baio - Costa da Morte, 1993) asiste a aulas de baile e pandeireta dende os 5 anos. Despois de estudar violín no Conservatorio de Carballo, continuou a súa formación en música tradicional en aCentral Folque, así como en diversas escolas de jazz e músicas improvisadas en Bulgaria, Francia e no Taller de Músics en Barcelona. En 2015 recibiu a Beca Excelencia Artística Afundación e ten tocado con Carlos Nuñez, Os Cempés, Kepa Junkera, Luar na Lubre, Gustavo Santaolalla, Jordi Savall e Hespèrion XII, Dan Ar Braz, Ceumar ou Uxía Senlle.

КОМЕНТАРІ • 6

  • @anacarolinareynaldos
    @anacarolinareynaldos 9 місяців тому +5

    Bellísima música, encantadoras intérpretes, magnífico escenario. Gracias por compartir... un abrazo desde Chile

  • @yizo7
    @yizo7 10 місяців тому +3

    Gracias por esta joya!! No me canso de veros y escucharos!! sois amor

  • @echokai
    @echokai 7 місяців тому +2

    Dúas virtuosas. Unha preciosidade! 🤩😍

  • @ruimssousa
    @ruimssousa 9 місяців тому +3

    Que lindo! Obrigado!

  • @strabachmartha7838
    @strabachmartha7838 9 місяців тому +3

    Merveilleux.

  • @noeliafernandz
    @noeliafernandz 7 місяців тому +2

    viva a xente con talento ostia