RESONANCIAS 23/ O Reberete, artesán de instrumentos tradicionais galegos

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 8 лют 2024
  • O Reberete, artesán de instrumentos tradicionais galegos, obradoiro do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
    O festival Música no Claustro convoca RESONANCIAS 23, a terceira edición do foro profesional de instrumentos musicais con sede na Catedral de Tui o mércores 2 e xoves 3 de agosto de 2023. O emprego de madeiras galegas na artesanía é o denominador común dun foro que se consolida como cita imprescindible na construción de instrumentos musicais en Galicia. A conversa maxistral co mestre organeiro Gerhard Grenzing abre dúas intensas xornadas de reflexión e intercambios de experiencias a través de mesas redondas, talleres prácticos, presentacións e visitas profesionais que teñen por obxectivo pór en diálogo o sector artesanal con outras empresas, institucións e perfis profesionais claves na cadea de valor dos instrumentos musicais.
    RESONANCIAS 23 é unha iniciativa da Fundación Pública Artesanía de Galicia comisariada por Samuel Diz, co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal, xunto a colaboración do Cabido Catedralicio, da Dirección Xeral de Cultural da Xunta de Galicia e da Concellaría de Cultura e Ensino do Concello de Tui. RESONANCIAS 23 conta coa participación da Asociación Galega de Artesáns, a Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais (LABRA), a Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo (Lugo Madera), a Comunidade de Montes de Couso (Gondomar), a Federación de Serradoiros e Rematantes de Madeira de Galicia (FEARMAGA), o Museo de Pontevedra, o Centro Albayzín Escola de formación profesional do Servicio Andaluz de Empleo e Centro de Referencia Nacional de Artesanía, e a Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.

КОМЕНТАРІ •