NO CONCELLO DA LAMA

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 24 лип 2022
  • A Lama, e un moi fermoso concello de Ponteveda que me gusta visitar a miúdo dende xa fai moitos anos.
    Antes facíao polos amigos que teño alí, pola miña afición á pesca que me levaba ata Carrizáns, e porque sempre me gustou tomar unha cervexa en calquera das tascas do concello ou en calquera das súas parroquias.
    Agora fagoo, entre outras cousas, pola música.
    Destacan deste concello, as súas romarías e lugares enxebres diños de visitar, pero sobre todo, o carballo cinco-centenario do Pelete, coñecido coma “O carballo do viño”, e a súa romaría.
    Xa solo o asentamento da vila ós pes do monte do Seixo, e coa serra do Cando como abrigo, é unha auténtica beleza, que me fai lembrar á miña aldea natal do Castelo en Lalín, ó pe da Cima da Costa.
    Todo esto, levoume fai uns meses, a facerlle un poema, musicalo, e convertilo nunha especie de himno pra vila.
    Espero que vos guste, alo menos, as xentes do lugar, xa que o fixen dende o corazón e inspirándome no cariño que lle teño a esa fermosa terra e á súa xente.
    ...............
    NO CONCELLO DA LAMA
    Achegueime á Lama pola primavera,
    pra ver pola noite a lúa brilar,
    mirar as estrelas dende o alto do Seixo,
    e na serra do Cando, a noite pasar.
    E na mañanciña, ó romper o día,
    baixarei ó río que atravesa o lugar,
    e irei a Liñares pra ver a fervenza,
    onde o río Xesta, parece brincar.
    Pasarei por Xende, ver o Santo Cristo,
    e dende as Ermidas podrei disfrutar,
    das fermosas vistas do Suído e do Cando,
    e do río Verdugo, camiño do mar.
    E alá nos mais altos montes do concello,
    deixareime levar nun remanso de paz,
    por entre os carballos da Ermida dos Prados,
    disfrutando dos soños de cando rapaz.
    Non me irei da Lama sen ir ó Pelete,
    con unha botella e unha cunca na man,
    e sentado á sombra do vello carballo,
    brindarei polas xentes deste lugar.
    ------------- Autor da letra e música: Xosé Iglesias Fernández - Buxán
    ............................
    ENLACE Ó MEU BLOGUE:
    joseiglesiasfernandez.wordpre...
    E suscribídevos a miña canle:
    ua-cam.com/channels/tCB.html...
    CANCELOS
    #Músicosgallegos #MúsicaGallega #Galeguistaspolaautonomía #LucianodeMonfadal
    #Poemasdeautoresgalegos #Musicaaesgalla #ecosdacomarca
    #Musicatradicionalgallega #Afalagalega #poesíagalegaceibe
    #xentequeamagalicia #PoesíaGalega #poesía #culturagalega #cantautores

КОМЕНТАРІ • 14

  • @mariadelcarmendiezluna8030
    @mariadelcarmendiezluna8030 Рік тому +2

    Que bonito es el Rio verdugo de Ponte caldelas 🥰🥰😍😍😘😘❤❤🤗🤗💖💖💕💕

    • @Buxan
      @Buxan  Рік тому

      Moi fermoso. O símbolo perfecto para a vila non menos fermosa.

  • @belen8184
    @belen8184 Рік тому +2

    Preciosa cantiga,e precioso axuntamento,non e porque sea de cambeses ;)GRAZAS MOITAS GRAZAS

  • @carmenlareo3846
    @carmenlareo3846 3 місяці тому +1

    Fermosa cantiga, maravillosa paisaxe. Parabéns Pepe 🎵🎼🎶💐

    • @Buxan
      @Buxan  3 місяці тому +1

      Moitas grazas Carmela. Dedicada a unha vila que quero moito.
      Unha aperta

  • @ofeliarodriguez3075
    @ofeliarodriguez3075 Рік тому +1

    Muchas felicidades 👏👏gracias A Lama de meu ❤️

    • @Buxan
      @Buxan  Рік тому +1

      Foi toda unha ledicia facer a cantiguiña, xa que me gusta tanto esa terra.
      Moitas grazas!!

  • @ednaldaduran7817
    @ednaldaduran7817 2 роки тому +1

    Achegueime á Lama pola primavera...que bonito! Moitas grazas. Saludos desde Brasil.

    • @Buxan
      @Buxan  2 роки тому

      Vaia. Alégrame moito que a miña cantiguiña chegara xa ó Brasil :)
      A aperta mais grande para vostede, dende esta nosa fermosa terriña!!

  • @marialourojusto3479
    @marialourojusto3479 Рік тому +2

    Don Xosé, agradezco tanto telo coñecido.Un bico, dende a Puza Da Ran.

    • @Buxan
      @Buxan  Рік тому +1

      Graciñas María. Pro vindeiro ano atoparémonos na Puza de novo.
      Foi toda unha ledicia. Apertas

  • @olegariocarrera6778
    @olegariocarrera6778 2 роки тому +1

    Grande Xosé!!!

    • @Buxan
      @Buxan  2 роки тому

      Graciñas Olegario. Unha aperta!

  • @Buxan
    @Buxan  2 роки тому +1

    ua-cam.com/video/a93MLAtXIfk/v-deo.html