AO PÉ DO VALADO

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 6 вер 2024
  • Á SEÑORA MARÍA…
    Dician que era a tola da aldea… os seus veciños eran quen o dician!!
    O mal de moitos é non mirarse no espello.
    Vivia sola, con dúas vacas e catro ou cinco ovelliñas.
    Me parece que nunca a mirei comer outra cousa que non fora pan.
    Erguíase cedo, e en canto facía as súas cousas, levaba o seu gando pro mesmo prado de sempre.
    Sentábase a carón do valado, e alí botaba o día xunto cos seus dous cans, o seu gando, e unha vara que semellaba ser a súa prolongación do brazo, xa que nona soltaba nunca.
    Falaba seguido… moi baixiño. De vez en cando tatareaba algo que nunca entendín. Non falaba con ninguén, pero para o taberneiro e pra min, sempre tiña un sorriso. Sempre lle levabamos algo conque mover a boca, e sabía agradecelo.
    Fai uns días, sentada ó pe do valado, foise.
    Atopouna un veciño, sentada no recuncho onde sempre se sentaba. Coa cabeza ladeada e a vara na súa mau, cos dous fieles cans ó seu lado.
    Foise en silencio, e sola… igual que vivíu.
    Pero seguro que foi feliz á súa maneira, e mereceu ese final tranquilo e sereo.
    Adeus Señora María. Lembrareime de vostede sempre. E a miña vindeira cantiga, vai ser para vostede. .
    Prométolle que vai ser así.
    E titulareina, por que non… “Ao pé do valado”
    Ese valado que foi a súa segunda casa, e dende o que lle dixo ós seus veciños, eses que dician que vostede estaba tola… ADEUS!!
    Que a terra lle sexa leve.
    .............................
    ENLACE Ó MEU BLOGUE:
    joseiglesiasfe......
    CANCELOS
    #Músicosgallegos #MúsicaGallega #Galeguistaspolaautonomía #LucianodeMonfadal
    #Poemasdeautoresgalegos #Musicaaesgalla #ecosdacomarca
    #Musicatradicionalgallega #Afalagalega #poesíagalegaceibe
    #xentequeamagalicia #PoesíaGalega #poesía #culturagalega #cantautores

КОМЕНТАРІ • 8

  • @cursossusobenredondela5454
    @cursossusobenredondela5454 2 роки тому +1

    Parabéns, Buxán, cada vez cantas mellor. Unha cantiga ben fermosa e moi emocionante na túa voz.

    • @Buxan
      @Buxan  2 роки тому

      Graciñas Suso. A voz vai madurando cos anos :)
      A caantiga, si. Moi traballada e meredida pola Señora María.
      Unha aperta

  • @Xana3201
    @Xana3201 2 роки тому +1

    Emocionante, Xosé. Unha bonita oración!

    • @Buxan
      @Buxan  2 роки тому +1

      Graciñas Carmiña. Costáronme unhas cuantas horas facela, pero a verdade é que agora disfrutoa ben.
      Pero o mellor de todo, e o sentimento que encerra a cantiguiña e que me axudou moito a compoñela.
      Unha aperta.

  • @user-gk2zw4vy7d
    @user-gk2zw4vy7d Рік тому +1

    Muy bonito😢

    • @Buxan
      @Buxan  Рік тому +1

      Gracias 😊

  • @victoriatorresperez541
    @victoriatorresperez541 2 роки тому +1

    Moi bonita xose.

    • @Buxan
      @Buxan  2 роки тому

      Graciñas Victoria. Unha aperta