PONTE CALDELAS

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 6 лис 2022
  • Ponte Caldelas, é un fermoso concello da provincia de Pontevedra, que según parece, recibe o seu nome da ponte sobre o río Verdugo, e polos manantiais de augas sulfurosas que hai nas súas ringleiras..
    É un concello que visito moito polos grandes amigos que teño tanto alí coma nas parroquias, e porque son un namorado da serra do Suído e dos montes que rodean ó concello.
    Así que, pensei que merecía unha cantiga miña a modo de Himno, e non evitei a tentación de facela.
    ...................
    PON TE CALDELAS.
    Ponte Caldelas, Ponte Caldelas,
    ti eres a mellor vila,
    das da provincia de Pontevedra.
    De Pontevedra, de toda Galicia,
    ti eres Ponte Caldelas,
    a mellor vila desta provincia.
    Deitada aos pes do Suido,
    entre a Fracha e Castrelada,
    durme entre o coto da Brea,
    o do Antón, e Penarada.
    Neles aniñan as fontes,
    que verten súas augas claras,
    no Verdugo e no Oitavén,
    pra ter súas terras regadas.
    Ponte Caldelas…
    Que fermosas as parroquias…!!!
    As de Anceu e Forzáns,
    xunto coa de Taboadelo,
    e as de Tourón e Xustáns.
    Castro Barbudo e a Insua,
    xunto coa de Caritel,
    Ponte Caldelas reloce,
    como pintada a pincel.
    Ponte Caldelas….
    .................
    ENLACE Ó MEU BLOGUE:
    joseiglesiasfernandez.wordpre...
    E suscribídevos a miña canle:
    ua-cam.com/channels/tCB.html...
    CANCELOS
    #Músicosgallegos #MúsicaGallega #Galeguistaspolaautonomía #LucianodeMonfadal
    #Poemasdeautoresgalegos #Musicaaesgalla #ecosdacomarca
    #Musicatradicionalgallega #Afalagalega #poesíagalegaceibe
    #xentequeamagalicia #PoesíaGalega #poesía #culturagalega #cantautores

КОМЕНТАРІ • 10

  • @mariadelcarmendiezluna8030
    @mariadelcarmendiezluna8030 Рік тому +4

    Que bonito es ponte caldelas 🥰😍😘 Ah Riva ponte caldelas 🥰😍😘

    • @Buxan
      @Buxan  Рік тому +3

      A verdade que si. Por iso lle dediquei esta cantiguiña-
      Moitas grazas, e unha aperta.

    • @mariadelcarmendiezluna8030
      @mariadelcarmendiezluna8030 Рік тому +3

      @@Buxan De nada 😍🥰💕💖❤

    • @mariadelcarmendiezluna8030
      @mariadelcarmendiezluna8030 Рік тому +2

      Que me diara ir estar en ponte caldelas 😍😍🥰🥰😘😘❤❤💖💖💕💕🤗🤗 con carliños 🥰🥰😘😘❤❤😍😍🤗💕💖💖🥁

    • @mariadelcarmendiezluna8030
      @mariadelcarmendiezluna8030 Рік тому +2

      Dixome que oh domingo ten que ir a vigo el dia 2 de abril 🥰😍😘

  • @mariajosehermida7625
    @mariajosehermida7625 4 місяці тому +1

    Abraiante!! Precioso pobo e cantiga!!

    • @Buxan
      @Buxan  4 місяці тому

      Moitísimas grazas!!

  • @belen8184
    @belen8184 Рік тому +3

    Quedouche moi fermosa,non tiña dúbida de que así iba ser. Un abrazo

  • @Xana3201
    @Xana3201 Рік тому +3

    Bonita!!! Parabéns.

  • @Buxan
    @Buxan  Рік тому +4

    Unha cantiga relacionada co entorno de Ponte Caldelas
    ua-cam.com/video/a93MLAtXIfk/v-deo.html