A XUSTIZA POLA MAN

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 16 жов 2024
  • No segundo libro de “Follas Novas” atópase este fermoso poema, onde Rosalía conta a vinganza dunha muller, que despois de pedir xustiza en balde, decide tomala da súa mau, dando morte a quen a ofendeu.
    No poema, non dí a clase de delito que cometeron “os raposos de sangue maldita”
    Pero si dí, que lle fixeron un leito de toxos e silvas, racháronlle a roupa, e roubáronlle a brancura, polo que da a entender unha violación.
    Pero mais adiante, tamén fala de que que lle queimaron a casa, e que os seus fillos morreron de fame, polo que, amais dun posible delito de violación, hai outros mais engadidos.
    O que si deixa claro Rosalía, é o resentimento, o odio, e o desexo de vinganza da muller perseguida.
    Eu permitinme a licenza de escoller solo os versos nos que se pode dar a entender un caso de violación, e musiqueino fai un par de anos, para cantalo nunha asociación de mulleres vítimas de violencia de xénero.
    “A XUSTIZA POLA MAN"
    Aqués que ten fama de honrados na vila
    roubáronme tanta brancura que eu tiña,
    botáronme estrume nas galas dun día,
    a roupa decote puñéronma en tiras.
    Quedei deshonrada, murcháronme a vida,
    fixéronme un leito de toxos e silvas;
    i en tanto, os raposos de sangue maldita,
    tranquilos nun leito de rosas dormían.
    -Salvádeme, ¡ouh, xueces!, berrei… ¡Tolería!
    De min se mofaron, vendeume a xusticia.
    -Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda…
    Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
    Entonces cal loba doente ou ferida,
    dun salto con rabia pillei a fouciña,
    rondei paseniño… ¡Ne-as herbas sentían!
    I a lúa escondíase, i a fera dormía.
    Mireinos con calma, i as mans estendidas,
    dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sen vida.
    I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
    tranquila, esperando pola alba do día.
    I estonces… estonces, cumpreuse a xusticia:
    eu, neles; i as leises, na man que os ferira.
    ENLACE Ó MEU BLOGUE: joseiglesiasfe...
    CANCELOS: #Músicosgallegos #MúsicaGallega #Galeguistaspolaautonomía #LucianodeMonfadal
    #Poemasdeautoresgalegos #Musicaaesgalla #ecosdacomarca
    #Musicatradicionalgallega #Afalagalega #poesíagalegaceibe
    #xentequeamagalicia #PoesíaGalega #poesía #culturagalega #cantautores

КОМЕНТАРІ • 8

  • @andreamosteirosanxiao9988
    @andreamosteirosanxiao9988 3 роки тому +1

    Parabéns!!

    • @Buxan
      @Buxan  3 роки тому +1

      A ti, Andrea, que sei que eres alma, corazón e vida de Rosalía. Feliz día das Nosas Letras.
      Unha aperta

  • @mariadelcarmendiezluna8030
    @mariadelcarmendiezluna8030 Рік тому +2

    Rosalia de castro foi moi coñecida

    • @Buxan
      @Buxan  Рік тому

      Pois si. E segue e segirá a selo. A millor poetisa da Nosa Terra

  • @lydiasanchez5066
    @lydiasanchez5066 3 роки тому +1

    impresionante! Noraboa artistazo

    • @Buxan
      @Buxan  3 роки тому

      Graciñas Lydia.
      Unha aperta e moitas grazas por suscribirte!

  • @claramartinez5306
    @claramartinez5306 3 роки тому +1

    Rosalía siempre actual, onte, hoxe e mañá...

    • @Buxan
      @Buxan  3 роки тому +1

      Unha das partes mais importantes do noso patrimonio, que nos identifica coma galegos.
      Sempre actual, e sempre nosa!