Mass of the Children - John Rutter, Arr. Paul Noble (Misa dos nenos)

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 8 сер 2024
  • Esta peza foi escrita en resposta a un convite para compoñer unha nova obra para un concerto durante a convención nacional da American Choral Directors' Association (Asociación Americana de Directores de Corais) en New York en febreiro de 2003. As obras corais a maior escala de Rutter son relativamente poucas, o Gloria, o Requiem e o Magnificat son as máis interpretadas, pero cada unha ten un carácter. "Mass of the Children" representa algo novo na obra do compositor no sentido de que foi concebida cun papel integral para un coro de nenos xunto cun coro mixto de adultos, dous solistas e orquestra. O papel do coro de nenos é engadir unha dimensión máis á tradicional misa en latín cantada polo coro de adultos, ás veces comentando, ás veces amplificando o significado e o estado de ánimo.
    O propio texto da misa (unha Missa Brevis, é dicir, unha misa sen credo) é cantado principalmente polo coro de adultos ou polos solistas. Os nenos cantan ás veces o latín, por exemplo no Christe eleison, na apertura do Gloria e no Benedictus, pero noutros lugares eles e os dous solistas cantan textos en inglés especialmente escollidos que dalgún xeito reflicten ou iluminan o latín. A obra comeza con dous versos do himno matinal do bispo Thomas Ken para os Scholars of Winchester College, e remata cos nenos cantando o seu himno vespertino coa melodía intemporal de Tallis, mentres os adultos entonan a tradicional Dona nobis pacem, unha oración pola paz. Isto crea un marco (dende que un se esperta ata que un se adormece) no que outros textos e estados de ánimo aparecen en sucesión caleidoscópica, como acontecementos nun día ou fitos nunha vida.
    As letras (orixinais e traducións) pódense atopar en bandas.gal/evento/dende-a-voz...
    Participan:
    - Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela
    - Integrantes da Banda Sinfónica Galega
    - Escolanía da Catedral de Santiago
    - Coro Cardenal Quiroga
    Colaboran:
    - Marina Penas (soprano)
    - Gabriel Alonso (barítono)
    - José Luis Vázquez (director dos coros)
    Dirixe: David Fiuza
    00:00 Kyrie
    06:52 Gloria
    14:09 Sanctus and Benedictus
    21:00 Agnus Dei
    26:45 Dona nobis pacem (Finale)
    [SOCIAL]
    Web: www.bandas.gal
    Instagram: / fgbmp
    Facebook: / fgbmp
    Twitter: / fgbmp

КОМЕНТАРІ • 2

  • @galegofaladeus
    @galegofaladeus 7 місяців тому +2

    Moi agradecido eu pola invitación de participar (no coro Quiroga)...foi, para min, unha experiencia conmovedora dende o principio ata o fin 💛

  • @marianamoreira9684
    @marianamoreira9684 2 місяці тому

    linda mesmo mas difícil