Symphony No. 4 - Sinfonie der Lieder - Johan de Meij (Sinfonía das cancións)

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 9 вер 2024
  • A 4ª sinfonía para voz solista, coro de nenos e banda de música está inspirada nunha variedade de poemas alemáns do século XIX. Os tres primeiros movementos usan letras da mesma fonte que empregou no seu momento Gustav Mahler: Kindertotenlieder (Canción á morte dos nenos) de Friedrich Rückert.
    1) Ein Jahr ist nun geschwunden (Xa pasou un ano)
    2) Wenn zur Thür herein (Cando túa nai entra pola porta)
    3) Wiedersehn (Reunión)
    A segunda metade da sinfonía continúa sobre o tema da morte, utilizando un poema de Heinrich Heine. As dúas últimas cancións, de Hugo von Hofmannsthal, son unha metáfora para o renacemento, a nova vida e a esperanza.
    4) Zwei Brüder (Irmáns hostís), de Heinrich Heine
    5) Vorfrühling (Inicio da primavera), de Hugo von Hofmannsthal
    6) Liedchen des Harlekin (Canción do arlequín), de Hugo von Hofmannsthal
    A sinfonía foi escrita a petición da Südtiroler Jugendblasorchesters (Orquestra Xuvenil de Ventos do Tirol do Sur) para o Festival Mahler en Dobaccio (Italia).
    As letras (orixinais e traducións) pódense atopar en bandas.gal/eve...
    Participan:
    - Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela
    - Integrantes da Banda Sinfónica Galega
    - Escolanía da Catedral de Santiago
    - Coro Cardenal Quiroga
    Colaboran:
    - Marina Penas (soprano)
    - Gabriel Alonso (barítono)
    - José Luis Vázquez (director dos coros)
    Dirixe: David Fiuza
    [SOCIAL]
    Web: www.bandas.gal
    Instagram: / fgbmp
    Facebook: / fgbmp
    Twitter: / fgbmp

КОМЕНТАРІ •