Galizien Amerika Linie - Xacarandaina

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 9 гру 2013
  • Galizien Amerika Linie é un espectáculo que pretende achegar ao público ese fenómeno importantísimo da nosa historia contemporánea máis recente: a emigración.
    De todos é sabido que os galegos fomos un pobo emigrante, pero aínda que nos toca a todos de preto, non somos o suficientemente conscientes do drama que supuxo aquel éxodo, e menos conscientes somos aínda da importancia económica e cultural que eses emigrantes tiveron para coa súa terra e o amor que lle dispensan, a cambio de nada, desde a distancia.
    Xacarandaina presenta así un espectáculo no que se mestura a propia actuación do Grupo cos seus bailes, danzas, músicas, vestiarios e posta en escena con deseño de luz, deseño espazo sonoro e audiovisual, mesturando así a arte tradicional coas novas tecnoloxías, facendo de "Galizien Amerika Linie" algo novidoso e único dentro do abano dos espectáculos feitos Galicia.

КОМЕНТАРІ • 2

  • @monteiroeduardo9338
    @monteiroeduardo9338 2 роки тому

    Como se chama o baile no que está o bailarín só e unha fiada de mulleres? Que formoso!

    • @xianardions6851
      @xianardions6851 2 місяці тому

      Chámase "rabela" ou "danza do galo", recollida na comarca de Santiago e zonas limítrofes. Garda relación co "corri-corri" asturiano, unha danza ritual de fecundidade. Moi interesante!