#TallerDeLaMemoria

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 30 вер 2024
  • Vicente Montoto conta aquí que o oficio de actor é un longo proceso no que o artista sempre se reinventa, reconstrúese. Como persoa comprometida (o actor non pode deixar de selo), ten que vivir experiencias que lle enchan e sírvanlle para subirse ao escenario con algo que transmitir.
    'O mar que une' é un minucioso percorrido pola súa vida. El di que o escribiu “para dar sentido e contido a un oficio feito de experiencias e soños, de técnica e pasión”. Estamos diante dunha autobiografía cargada de momentos de humor, ás veces un humor negro, pero é tamén un breve tratado de interpretación, unha apaixonada declaración de amor ao teatro e un repaso histórico con datas, nomes e referencias que reconstrúen unha parte moi importante da memoria da escena en Galicia.
    Ourense, Suíza ou Arxentina: en calquera parte do mundo latexa o corazón deste espectador, actor e autor teatral.
    ÍNDICE
    1. De oficios, mitos e famas
    2. Jorge Petraglia, Delia Garcés y Oscar Fessler
    3. Devolto polo mar
    4. Facerse un home
    5. 10 de marzo
    6. Ourense-Empalme
    7. ¿Grazas? Non, gracias
    8. Punto e seguido
    9. De escarnio e maldicer
    10. Compostela
    11. Testamento
    12. Cousas do tempo
    13. Roberto Vidal Bolaño
    14. Teatro infantil
    15. Outra vez Fedra
    16. Tresillo e teléfono branco
    17. Álvaro Cunqueiro
    18. Con Manuel Lourenzo
    19. Narcos
    20. August Strindberg
    21. ¿Por qué 'O retrato de Dorian Grai?
    22. Franca y Dario
    23. Unha endoscopia e Carlo Colombaioni
    24. Irmán, compañeiro, camarada

КОМЕНТАРІ •