#TallerDeLaMemoria

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 22 тра 2024
  • Dorotea Bárcena escribe neste libro cunha prosa vibrante, chea de emoción e intensa dende o principio. Coñecemos a aquela nena de seis anos que se miraba ao espello e decidiu que tiña a expresión adecuada para a famosa Yasmina, princesa do deserto.
    Dende ese momento vemos como se tecen aos poucos as múltiples experiencias dunha muller que amou o teatro. Coñecemos mestras, amigas, principalmente mulleres, que influíron decisivamente na construción da súa personalidade e no amor pola actuación.
    Debaixo dos seus pés renxeron as táboas de moitos escenarios, no medio dos ambientes da Galicia dos anos cincuenta, sesenta e setenta, retratados maxistralmente. Ata chegar ao momento de inflexión, en 1972 e 1973, cando xa formaba parte do denominado teatro comprometido, o que lle carrexou sustos. Nese punto de non retorno déixao todo e lánzase á aventura, a bordo dunha furgoneta, a percorrer os camiños e a envorcarse na súa paixón: o teatro.
    ÍNDICE
    - Prólogo
    - Preliminar
    1. Vetusta
    2. Vigo
    3. Os meus avós
    4. A miña nai
    5. Dona Paulina
    6. O Santa Irene
    7. As fillas de María Inmaculada
    8. As Xesuitinas
    9. Chel e Pilara
    10. O colexio do Apóstolo
    11. Vigo ano 72
    12. Madrid ano 73
    13. Unha tenda de campaña e unha furgoneta
  • Фільми й анімація

КОМЕНТАРІ •