#TallerDeLaMemoria

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 30 вер 2024
  • 'Historia dun soño. Autobiografía' é a densa crónica dunha eterna batalla en pos da actuación. Como en toda batalla, hai momentos duros e outros calmos e reflexivos: eses escasos momentos, antes do amencer, nos que se trazan plans e un se angustia polo que ha de vir. Cunha prosa moi particular, ás veces coloquial, ás veces non tanto, intensa sempre, Celso Bugallo regala ao lector ou lectora (sobre todo a quen quere dedicarse a actuar) un resumo dos seus longos anos de experiencia. Dende os traballos de rúa como mimo ata as personaxes máis elaboradas en películas que xa son clásicos, nunca claudicou na súa loita por atinxir o celme da actuación: interpretar por pura necesidade. Mais, que é iso? Nestas páxinas está o labirinto das respostas.
    CELSO BUGALLO (Vilalonga, Sansenxo, 1947), actor de teatro, cine e televisión, namorouse do seu oficio en Bilbao. A colpa tívoa o filme 'Rebelde sin causa'. O seu periplo polo norte discorreu paralelo ao da súa vocación. Comezou a súa andaina como afeccionado en Logroño, onde participou nas compañías Lope de Rueda e Adefesio Teatro Estudio, ademais de fundar o JUBY (Juventud Unida del Barrio de Yagüe. O carácter emprendedor empuxoulle logo a facer case de todo en moi distintos lugares: actor de rúa, mimo... Despois dun periplo que o levou polo levante español, as Canarias, Galicia e mesmo o Reino Unido, creou a Aula de Formación de Actores de Pontevedra. E con 50 anos chegou a estudar un ano no Lee Strasberg Theatre Institute, Nova York, la casa del Actors Studio, un gran soño para él. Despois debutaría por fin no cine aos 52 anos en 'A lingua das bolboretas'. Sen deixar o teatro, xa profesional ('Mujeres soñaron caballos', 'Mi alma en otra parte', 'Antígona de Mérida', entre outras), seguiu no cine en traballos como 'Os luns ao sol', 'A vida que che espera' ou 'Mar adentro' (co que gañaría o Goya ao mellor actor de reparto). Destaca a súa colaboración co director Fernando León de Aranoa, ademais de en 'Os luns al sol', en 'Amador' e 'El buen patrón'. Tamén participou en varias series da Televisión de Galicia y curtametraxes de diversos autores.

КОМЕНТАРІ •