Alalá nº 113 "O Pego de Pereiro" - TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 15 лют 2016
  • Alalá nº 113 "O Pego de Pereiro" - TVG
    Emisión en Televisión de Galicia: 02/06/09
    José Ramón Val Gil naceu no ano 23 no barrio de "Rúa das Oiras" aínda que vive no barrio de "As Rozas" todo na parroquia de Pereiro (Alfoz). Comezou tocando unha flauta traveseira que el mesmo fabricou con canaveira de "Bieiteiro" (sabugueiro). O primeiro instrumento "serio" que tivo foi un alcordeón de botós co que tocaba xa para baile. Despois mercou outro tipo piano co que tamén tocou para baile.
    A gaita veu a continuación, motivada polo recordo dos gaiteiros que había na rodeada, especialmente os de "San Martín de Figueiras" (Alfoz) onde destacaban "Antoñiño da gaita", "José de Manuela" e o seu irmao "Manuel de Manuela" (os tres con vidas entre1.910-1.960 aprox). O verdadeiro foco gaiteiro naquela rodeada parte do pai de "Antoñiño da gaita", o famoso "Pepe da gaita" (1.880-1.930 aprox). Este home tiña moito prestixio
    na zona e , segundo conta Lence Santar, cronista de Mondoñedo nos anos trinta e autor de "Etnografía Mindoniense", era mellor gaiteiro que o mítico e coetaneo "Curuxeiras".
    O repertorio de O Pego está composto por pezas entre históricas e radiofónicas. As históricas son, por unha parte, os restos que quedan do gaiteiro xa referido "Pepe da gaita", que foi quen difundiu esas jotas, muiñeiras e mazurcas que na actualidade pertencen a O Pego. Por outra, as melodías extraídas da tradición xenérica galega vocal ou instrumental que el mesmo adaptou. As pezas radiofónicas son as que, como en tantos outros casos de gaiteiros, O Pego aprendeu da radio ou da discografía que había apartires dos anos 40.
    O Pego non é un gaiteiro virtuoso, purista pero si fiel representante da gaita da segunda metade do XX na Mariña luguesa.
    A vida de O Pego está chea de anécdotas que conta con gracia polo seu carácter desenfadado e esa chispa de sorna que ten moitas veces. Segundo conta el mesmo tivo moitos oficios como carpinteiro, albañil, zoqueiro, barbeiro, e un longo etc. Pode parecer algo esaxerado pero a súa casa e as súas cousas persoais delatan unhas maos habilidosas para as manualidades.

КОМЕНТАРІ •