Alalá nº 38 "Manuel Viqueira" - TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 10 лют 2015
  • ALALÁ capítulo 38: MANUEL VIQUEIRA
    Data de emisión: 6 de febreiro do 2007
    (falecido o 9-2-2015) D.E.P
    Hoxe no Alalá imos coñecer a un dos mellores gaiteiros de Galicia: Manuel Viqueira, o gaiteiro de Vilaverde. Coñecido en toda a comarca de Ordes desde que, con 11 anos, comezara a percorre-las romarías levando a maxia e a alegría da súa música.
    Manuel tén agora 77 anos e segue cheo de forza e de proxectos: acaba de mudarse a unha casa nova, é capaz de tocar horas e horas sen cansarse, mentres ve como se van esgotando os músicos e os bailadores e, o que nunca soñara, acaba de gravar un disco. Din os que saben disto que Manuel é único porque tén un xeito de tocar, o que se coñece como “tocar pechado”, que antes era moi frecuente pero que agora xa ninguén domina. E que ademais conserva moi ben o repertorio propio da súa zona e que fai uns picados e uns trinos que distinguen a súa música da de calquera outro gaiteiro.
    E ademais de bo gaiteiro Manuel é un home simpático e falador, ó que lle encanta contar os centos de anécdotas atesouradas ó longo de toda unha vida tocando de festa en festa. Anos de diversión pero moi duros, nos que chegaba a camiñar ata 40 quilómetros para ir tocar e nos que a penas lle quedaba tempo para o descanso. Nos que volvía de facer a función ás catro da mañá e ás oito tiña que estar amasando cemento como peón da construcción, ou encofrando, gañando un salario escaso que a gaita axudaba a facer un poco maior e que facía boa falta para criar ós catro fillos que tivo con Carme, a súa compañeira de toda unha vida.
    A vida dun gran gaiteiro, orgulloso de selo e aprezado por todos os que o coñecen desde mozo, que ven chegar a Manuel e ven chegar a festa e as mellores lembranzas da súa xuventude. Unha mocidade na que el di que, a pesar de todo, a xente pasábao mellor que agora.

КОМЕНТАРІ • 2

  • @aliciaquirogacerezales8619
    @aliciaquirogacerezales8619 2 роки тому +1

    La música, es una maravilla y, mantiene la mente activa. Muchas felicidades

  • @adriansilva6934
    @adriansilva6934 Рік тому +1

    El mejor gaiteiro de todos los tiempos!. Que Maestro, que toque!