Це відео не доступне.
Перепрошуємо.

Alalá nº 39: “Os Fachóns de Castro Caldelas co grupo Guezos” - TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 25 чер 2015
  • ALALÁ nº 39: “Os Fachóns de Castro Caldelas co grupo Guezos”
    Emisión: 13-02-2007
    A maior parte das festas en Galicia celébranse no verán, pero hai outras festas que conteñen verdadeiros tratados de vellas melodías populares de lareira e taberna: as festas de inverno. Para vivir en primeira persoa unha das máis espectaculares de Galicia o Alalá viaxará ata Castro Caldelas en plena Ribeira Sacra á festa do lume, do viño e da música: a festa dos fachóns, e alí estaremos na compaña dos Guezos que nos guiarán por cada recuncho desta festa que sabemos cando comeza, pero non sabemos nin cando nin como rematará.
    Na festa dos Fachóns xa tocaban hai 2 séculos os míticos Trabazos de Castro Caldelas; un grupo que aprendeu a solfa na emigración a miles de quilómetros de Galicia e que despós espallarían o seu coñecemento á volta non só polos fachóns en Castro Caldelas senón por moitas outras vilas da bisbarra. O seu legado quedou recollido de dúas formas distintas:
    Por un lado os Guezos cunha versión moderna con guitarras, baixo, teclado ou sintetizador e, por outro, Os Airiños de Caldelas; un cuarteto de gaita, bombo e 2 gaitas tradicionais da zona de Ourense. Son dúas versións cunha mesma meta, que a música popular sirva para o que sempre serviu: para que bailen e se divirtan vellos e novos, algo que na festa dos Fachóns está totalmente asegurado.

КОМЕНТАРІ •