A importancia dos nomes do mar de Galicia | Xosé Lois Vilar | LGx15

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 2 лют 2016
  • Xosé Lois Vilar é vendedor de froita nas feiras e apaixonado da lingua e do patrimonio. En definitiva, un entusiasmado do propio.
    Nesta intervención no LGx15, ideas para o futuro da lingua, fala da importancia da toponimia e da talasonimia, dos nomes do mar de Galicia, un GPS, un localizador imprescindible. Os topónimos son a relación da palabra co espazo, e gardan unha riqueza inmensa.
    Xosé Lois é de Baiona. É arqueólogo, historiador, experto en toponimia e na lingua dos cabaqueiros, etnógrafo e empresario da froita, infatigable animador cultural no Val Miñor. Pescuda petróglifos e testemuños orais e documentais sobre naufraxios, etnografía ou memoria histórica. Recolle toponimia e talasonimia, escribe libros, imparte conferencias, realiza exposicións, guía visitas toponímicas e arqueolóxicas. Descubriu o Outeiro dos Lameiros, unha das mellores estacións de arte rupestre de Galicia, con máis de 30 petróglifos. E está moi ligado á creación e funcionamento de varias asociacións como SOS Groba e o Instituto de Estudos Miñoranos.
    LGx15. Ideas para o futuro da lingua. www.lgx15.gal.
    Sala Capitol, Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015.
    Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). www.ctnl.gal
  • Навчання та стиль

КОМЕНТАРІ • 5

  • @jakobuslandNFO
    @jakobuslandNFO 4 роки тому +1

    O Grande Xose Lois!

  • @escaramujo
    @escaramujo 5 років тому +3

    Esta variedade do galego debía de sela normativa.

  • @hansel1jensen
    @hansel1jensen 7 років тому +4

    Este sim que fala galego......

  • @breixosabuxotirarrollas2457
    @breixosabuxotirarrollas2457 4 роки тому +2

    Se cadra, aquí podemos achegar o noso gran de area para a conservación da microtoponimia: galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio

  • @adrianvscaesar2798
    @adrianvscaesar2798 3 роки тому +2

    Eu entendo mais o Galego do que o Português . A lingua coloquial falada no Brasil é mais proxima da Galicia do que Portugal .