Alalá nº 23 "Maruxa das Cortellas" - TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 14 кві 2015
  • MARUXA DAS CORTELLAS
    Programa emitido: 10-10-2006 TVG
    Din os entendidos da música tradicional que non hai ninguén en Galicia que toque o pandeiro como o fai María Grande Sobral, máis coñecida como Maruxa das Cortellas. Ela non entende cómo non hai máis xente que saiba tocalo, ou que saiba acompañala cunha pandeireta, ou que saiba cantar as cantigas de sempre. Di que así non hai quen faga festa, alomenos festas como as que coñeceu ela, como aqueles seráns nos que aprendeu a tocar, cando tiña dez anos, escoitando ás mulleres maiores.
    Hoxe tén 73 anos e segue vivindo nas Cortellas de Soutomaior, onde naceu. Vive co seu home, Marcelino, que pasou moitos anos embarcado por augas do Brasil e co que tivo tres fillos. Os fillos están fóra e a vida de Maruxa e Marcelino transcorre entre os traballos do campo, o coidado dos animais e a convivencia cos trinta veciños que aínda quedan nas Cortellas.
    Neste Alalá veremos cómo é a vida desta parella chea de vitalidade. Cómo é o seu día a día nunha época na que sobran os traballos, coincidindo coa vendima e coa colleita do millo, e ademais cunha das festas máis importantes da zona, a da Virxe da Peña de Francia.
    Falaremos con Maruxa, verémola bailar e cantar e, sobre todo, teremo-la enorme sorte de escoitar con qué mestría toca o pandeiro esta muller, unha das poucas persoas que aínda sabe facelo en Galicia.

КОМЕНТАРІ • 3