Alalá nº 195 "Xavier Blanco, parte II" - TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 20 жов 2024
  • Alalá nº 195 "Xavier Blanco, parte II" - TVG
    Emisión en Televisión de Galicia: 17/3/2012
    LUGAR: MOAÑA
    Como músico, como investigador e como mestre. Xavier Blanco é un referente no presente da música tradicional galega.
    Como mestre leva en Moaña dende 1985 adicado profesionalmene á ensinanza sendo un dos primeiros mestres oficiais de gaita da historia de Galicia.
    Como investigador é probablemente quen máis profundou na música de raíz.Nunha zona dunha riqueza incrible, Moaña, Xavier centrouse nos pequenos instrumentos, neses sons máis humildes que nos achegan ás nosas raíces máis profundas.
    E como músico Xavier Blanco é especial. Distinto. Escoitalo a el é escoitar a tradición. Séntese representante dos nosos ancestros e coma se dunha viaxe no tempo se tratase, é capaz de achegarnos ao século XXI a forza e a sonoridade do pasado musical máis humilde, máis natural e máis auténtico.
    Máis música e máis información na nosa web:
    alala.crtvg.es

КОМЕНТАРІ • 1

  • @gaitaclarinet9246
    @gaitaclarinet9246 8 років тому +2

    Son unha enorme fan da señora Modesta. Que muller mais sabia e entrañable!