Alalá nº 22 "Xavier Blanco" - TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 14 кві 2015
  • ALALA Nº 22
    XAVIER BLANCO
    (Emisión 03/10/06)
    Nesta nova edición, o programa Alalá desprázase ata a comarca do Morrazo. Xabier Blanco, o gaiteiro de Moaña, reconstruíu a gaita de cana, que se pode considerar un paso anterior á moderna e que ía para cen anos que non se escoitaba polos montes do Morrazo.
    Ademais da gaita de cana constrúe e restaura tódolos instrumentos tradicionais galegos. Este gaiteiro e mestre artesán emprega desde piñas ata un caldeiro ou unha vasoira para facer música, unha chea de útiles que Blanco inclúe no grupo de instrumentos pobres ou comúns. Esta labor pedagóxica e a que el amosa nas súas representacións didácticas e nas súas actuacíóns pola península e no extranxeiro.
    Froito da súa intensa labor de investigación e de recollida durante anos ten publicados varios traballos, entre eles: “Toques, Asubíos e Cantores” ou “A Gaita de Moaña” e tres CDs nos que se incluen pezas cantadas e instrumentais.
    No último traballo discográfico “Gaitas Troncais” emprega desde a tubela, o tiruliruli á gaita de cana.
    Xabier Blanco procede dunha importante e numerosa familia de gaiteiros de Moaña: Os Soledás. Da súa nai, Laura aprendeu moitas cancións; o seu avó Pepe transmitiulle a paciencia e o seu tío Anselmo foi o seu gran mestre, o que o formou na técnica gaiteiril.
    Todo o seu esforzo vai encamiñado a que se respecte dun xeito especial a música de raíz, que é quizais a menos coñecida, e que se recoñezan cronolóxicamente tódalas seccións da música tradicional.

КОМЕНТАРІ • 3