Pan de cea - Gastronomía para non perderse (3)

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 7 вер 2024
  • Serie de cinco documentais audiovisuais conducidos polo coñecido xefe de cociña André Arzúa en defensa dos produtos alimentarios galegos e dos seus correspondentes procesos de elaboración, da súa importancia patrimonial e cultural e da influencia que teñen na gastronomía contemporánea.
    En cada capítulo, centrado nun produto concreto (congro seco, sardiña lañada, queixo de arzúa, pan do país e androia), visitaremos os recunchos de Galicia dedicados á súa produción e coñeceremos da man dos mellores profesionais o proceso que se agocha detrás destes tradicionais manxares da nosa terra.
    En San Cristovo de Cea, Carlos e a súa familia manteñen unha tradición vixente desde o século XIII, a do pan de Cea, o primeiro en Europa con Indicación Xeográfica Protexida. Un produto representativo da nosa terra no que se mesturan un coidado traballo manual, elementos tradicionais como a artesa e o forno de pedra e mesmo unha amasadora moderna.

КОМЕНТАРІ • 3

  • @nandosarastiaga2155
    @nandosarastiaga2155 2 роки тому +1

    Felicitaciones! Saludos desde Argentina, disfrute mucho esta nota. Tienen un trabajo muy arduo por delante para posicionar el pan de galicia en el mundo, siempre se habla del francés. Un saludo

  • @davidfernandez7862
    @davidfernandez7862 Рік тому

    Chulísimo o vídeo. Noraboa.

  • @Diwau
    @Diwau Місяць тому

    Super ben explicado! pena non cheiralo en directo! o pan de Cea o levan dentro!