#TallerDeLaMemoria

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 22 тра 2024
  • Este libro é a memoria dunha traballadora incansable en pos dun amor: a interpretación. É unha viaxe heroica co galego como arma, como ferramenta. Tamén é a crónica, chea de humor e anécdotas, dunha época que a xente madura lembrará con nostalxia aceda e a xente nova descubrirá con sorpresa e indignación. E, por suposto, é un relato sobre o paso do tempo. Pode acabar cunha vocación o feito de tela aparcada vinte anos? A protagonista desta viaxe soubo dicir as palabras axeitadas para entrar de novo en escena: "Nunca é tarde".
    PIRULA EXPÓSITO (A Coruña) debutou nun escenario con cinco aniños. Pouco despois xa cobraba as súas primeiras función no portal da casa familiar. Non dobregaron a súa vocación as monxas daquel colexio ao que ela levou a primeira minisaia. Co senlleiro programa de Televisión Española 'Estudio 1' aprendeu a amar máis o teatro profesional que o cine ou a televisión. Porén, con dezanove anos, outro amor cruzouse na súa vida e o teatro quedou dúas décadas no caixón, ata que o vello amor volveu prender lume e apuntouse á escola de idiomas para aprender ben o galego, meteuse en cursos de interpretación e acabou estudando en CasaHamlet da man de Manuel Lourenzo. O resultado: papeis en 'spots' de televisión, cine ('O agasallo de Silvia'), series ('A vida por diante', 'Nada es para siempre'), curtametraxes... e, sempre, no teatro.
  • Фільми й анімація

КОМЕНТАРІ •