Alalá nº 8 "Os Diplomáticos do Acordeón" - TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 22 гру 2014
  • ALALÁ capítulo Nº 8 “OS DIPLÓMATICOS DO ACORDEÓN”
    Data de Emisión TVG: 4/ 04 / 06
    “Os diplomáticos do acordeón”, protagonistas do Alalá desta semana, é un deses grupos marabillosos ós paga a pena coñecer. Formado por oito homes, oito veteranos para os que a música é algo máis ca un entretemento, é case un xeito de entender a vida. Todos pertencen a Terra de Montes, desde Soutelo ata Forcarei pasando por Cachafeiro, unha comarca famosa a principios do século vinte polos gradísimos gaiteiros que lle deron fama. Pero houbo outra época, a partir dos corenta, na que as gaitas deron paso ós acordeóns, anos nos que os salóns de baile se fixeron moi populares e nos que xa se bailan outros ritmos. Neses salóns de baile “criáronse” varios membros dos Diplomáticos que, desde moi pequeniños, tiveron a obriga de aprender a tocar un instrumento para axudar na economía familiar. Entre eles os irmáns Alberte Fírvida, bisobriños do popular Avelino Cachafeiro, que chegaron a formar un orquestra completa que tocaba no salón de baile da familia, o “Changüí”. Tamén Moncho aprendeu a tocar o acordeón porque seu pai era o dono do “Paraíso”, un salón de Forcarei que agora lle pertence a el. Un caso semellante é o de Paco Cachafeiro, tamén ligado ó mundo do acordeón e dos salóns de baile. No Alalá desta semana coñecéremolos a eles e ó resto dos Diplomáticos: a Jesús, un reloxeiro xubilado que, ademais de dar clase, colecciona acordeóns, de feito, ten unha colección de máis 130 instrumentos; a Toño, un amante da música dos sesenta que desfruta tanto da guitarra eléctrica como do acordeón; e a Joaquín, o vocalista, que canta coa mesma paixón un bolero ca unha muiñeira.

КОМЕНТАРІ • 5

  • @maruxalopez7602
    @maruxalopez7602 2 роки тому +1

    Cando volveremos a ver o Alala,con esta xente da Nosa terra

  • @eduardorego6574
    @eduardorego6574 4 роки тому +5

    os Diplomaticos son un gran conjunto no me canso de escoitalos pois me crie con esa musica tina un tio que tocaba os Domingos no salon estos senores fano muy ben