Alala 154 Músicas Completas de "Nela" - TVG
Вставка
- Опубліковано 6 кві 2014
- Notas sobre Nela escritas para a preparación da gravación do Alalá adicado a Nela por Juanjo Fernández.
Un dos gaiteiros máis representativos do occidente asturiano é Manuel Enríquez "Nela", nado en Silvallá (Taramundi) en 1.938, na actualidade veciño de Bres (Taramundi).
Nela interesouse pola gaita de neno como tantos gaiteiros populares de Asturias ou Galicia, tendo como referencia a Santos da Ermita, no mesmo Bres, un gaiteiro interesante que morreu hai moitos anos. Tamén coñeceu algo a Patricio, do mesmo Taramundi, pero pouco. A súa primeira gaita foi un regalo dunha veciña de Freixo, debía ser de Galfarro como casi todas na zona naquel tempo. Galfarro era un artesán moi célebre e moi activo que facía unha gaita característica da provincia de Lugo, unha tipoloxía que podiamos chamar "gaita de Mondoñedo" por desenvolverse ó redor desa importante cidade galega. A Galfarro sucedeulle Manuel María Corredoira "Méndez", outro artesán interesantísimo da zona do que falaremos algún día se o tempo o permite.
A actividade musical de Nela sufríu unha pausa de trinta anos, como tamén lles pasou a outros gaiteiros por razóns familiares e profesionais, pero retomou a gaita ós 47 anos de idade. Daquela mercara unha gaita a Victor "Caioco", discípulo de Galfarro, na feira da Garganta coa que tocou durante un tempo.
Posteriormente mercou unha gaita de Seivane e, despois, xa moi metido na dinámica de tocar, foi probando outras tonalidades do mesmo Seivane e outros artesáns polo gusto de experimentar. Nela é un gaiteiro moi interesante polo tocar definido que ten. Gústalle preparar moito os temas, articulando limpamente as notas para deixar clara a liña melódica, usando un magnífico oído musical, unhas habilidades innatas e sesións de ensaio apasionado. A modalidade que sempre practicou é a de gaiteiro solista, o habitual da zona, pero nos últimos tempos está experimentando dúos con diversos gaiteiros da zona. Neste sentido é de destacar que ten un disco a punto de saír, editado pola produtora Canela, no que demostra todas estas cousas.
O seu repertorio está composto por pezas clásicas de Asturias e Galicia e unha parte importante de pezas locais, con adaptacións de cántigas populares e pezas tomadas de outros gaiteiros coma os desaparecidos Santos de Bres e Firme de Batribán.
Moitas gracias. Cómo.me alegrais😅😅
Me encanta esta música, si estoy un poco triste la pongo siempre y me revitaliza. Graciñas a todos los gaiteros del mundo.👍
Música gaiteros de Galicia ,interpretaciones bellas y hermosas .
Fantástica música 👍
Me encanta escuchar esta música, para no escuchar toda las bobadas.👍
Fantástico 👍
Olé la música gallega 👍
Moi boa.música
Se me pasa el tiempo de gimnasia súper rápido con esta música.👍👍
Olé la juventud!
Es una delicia escuchar esta música. Hago siempre bicicleta con ella puesta. Viva la música tradicional.
Que hermosas y bellas interpretaciones musicales de este extraordinario conjunto musical español ,mil felicitaciones desde acá mi patria Chile.❤😂
La música que la transmitimos con el arte de las manos y nuestros pulmones . Viva Galicia 😅
Queridos paisanos por el mundo entero . Desde la plaza de Rosalía de Castro ( lnaugurada ayer 26 /11/2022 ) en Pamplona,esta también " hermosa tierra " os pido que siempre tengáis en el recuerdo nuestra querida música gallega. Un fuerte abrazo Alfredo
Buen día a todos los que nos gusta la música celta
Me encantan estas músicas celtas, desde el país vasco hasta Galicia, Asturias. Etc 👍👍👍
Fantástica musica y maravillosa para bailarla 👍👍
Estoy haciendo bici y me ayuda está maravilla, e además da terra 👍👍
Oleeeee...
Muy bueno, un gran trabajo, piezas preciosas y entrañables. Muchas gracias .