Sinfonía Bergantiños

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 27 гру 2024
  • O 19 de xuño do 2024 comezaron as festas patronais de Carballo coa estrea da "Sinfonía Bergantiños", unha encarga do Concello de Carballo a Sergio Moure que queremos converter no noso himno. A interpretación correu a cargo da Orquestra Sinfónica Gaos, pero a sinfonía remata cun movemento dedicado a Carballo no que cobra especial protagonismo a música tradicional. Por iso, para levala ao escenario contamos coa colaboración dos alumnos do Conservatorio Profesional de Música Manuel Rey Trigo (lira e pandeiro) e Valentín Porteiro Rodríguez (gaita), co zanfonista Luis Bolón e cunha vintena de cantareiras das agrupaciones Arume, Nemeth e Escola do Alprende.
    O San Xoán 2024 pasará á historia polo seu pregón. Ademais de dedicarlle ao seu lugar de nacemento unhas fermosísimas palabras, o músico Sergio Moure dedicoulle unha extraordinaria sinfonía, creando un momento único que gardamos na nosa memoria e que agora queremos compartir con todo o mundo.

КОМЕНТАРІ •