Trevinca289, paco AscónWIN 20240703 08 19 12 Pro

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 4 жов 2024
  • Tratase da reflexión "Ter Mais", de Paco Ascón.
    Bos días amigos desde o meu recuncho de Trevinca, hoxe que ro falarvos de ¿Canto e necesario para considerarnos contentos co conseguido.
    Ter máis
    Sociedade de consumo, queremos máis, ¿quen e para qué?
    Vivir para traballar ou traballar para vivir,
    Vender a túa dignidade por conseguir cousas, ¿cantas cousas, para qué?
    ¿Que necesitas para ser feliz?
    Necesitas obter máis e máis e máis
    ¿De que maneira? a cambio de qué? á conta de quen?
    ¿Realmente necesitas máis, ou cobizas máis?
    ¿As túas necesidades reais, cales son?
    Son máis, sempre son máis, Pero ¿onde está o límite?
    ¿Cando é suficiente?, cando estaremos contentos co conseguido?
    Cando nin sequera somos capaces de consumir o que conseguimos,
    Para que queremos máis, para que queremos ter mais se non necesitamos
    Hai moitos, realmente necesitados, cada vez hai máis, que si necesitan.
    Moitos necesitan só algo, moitos nunca saberán que é suficiente?
    ¿Cando bombardean a túa casa, Fuxir é suficiente?
    ¿Cando escapando afógaste no mar, esa táboa é suficiente
    ¿Cando despois da sede que dá o naufraxio, beber é suficiente?
    ¿Cando a hipotermia conxélate unha manta é suficiente?
    Cando as túas forzas xa se foron unha praia é suficiente?
    ¿Cando a soidade faise terror, outro refuxiado ao teu lado é suficiente?
    ¿Cando os europeos córtante o paso cos muros, o enxeño e a unión é suficiente?
    ¿Cando todos rexéitante unha man amiga é suficiente?
    ¿Cando esa vida mellor non acaba de chegar, ese bocadillo é suficiente?
    Cando te crees chegado a lugar seguro, e comprobas, detrás dos muros, dos aramados e concertinas que che impiden seguir, aos que deberían socorrerte malgastar inutilmente roupas, alimentos, e refuxios onde quentarse, impedíndote que poidas compartir con eles unha pequena parte, que para ti sería suficiente, e que esta prepotente Europa malgasta, malgasta dilapida, e comprobas que para eles nada é suficiente.
    Cando para ti nese momento é suficiente VIVIR e nin iso te permíten.
    Ourense, 3 de sullo de 2024
    Paco Ascón

КОМЕНТАРІ •