Satélite Xabarín (La Marabunta)

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 30 сер 2009
  • Título: Satélite Xabarín
    Artista: La Marabunta (Nicolás Pastoriza/La Marabunta)
    Emitido no programa: Xabarín Club (TVG)
    ------------
    Letra:
    Retransmitimos para os nenos e nenas
    de todo o sistema solar,
    temos un satélite novo
    tanto emite para Neptuno que para Portonovo.
    Saudamos o neno mercuriano,
    a ti que estás na lúa tamén.
    Os de Marte, que son caso aparte,
    emiten todo o día sen fin, iso é o que din.
    Satélite, satélite, satélite Xabarín (x4)
    Emitimos o concurso "Vas Dado",
    hoxe xogan Saturno e Plutón;
    Saturno perdeu o seu turno,
    berra a afección Plutón campión.
    Felicitamos o teu cumpreanos,
    sexas de Venus, sexas de Urano,
    é que a Terra quedouse pequena.
    O clube medra sen fin, iso é o que din.
    Satélite, satélite, satélite Xabarín (x8)

КОМЕНТАРІ •