2ª Travesía Nado
Вставка
- Опубліковано 13 січ 2025
- Tralo dano cerebral adquirido, Laura Sosa aprendeu a nadar, adestrou varios meses a través do noso programa de natación adaptada, e participou na 2º Travesía a Nado Polo Dano Cerebral.
A Travesía a Nado Polo Dano Cerebral tivo lugar o 6 de xullo de 2024 en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa). Trátase dunha actividade de promoción do deporte inclusivo e de visibilización do dano cerebral adquirido organizada por Dano Cerebral Galicia en colaboración coa Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa e a asociación Arousaman - Arousawoman. Contou tamén co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade, do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, no marco do Proxecto Rumbo, e da Fundación José Otero - Carmela Martínez.