Ruta de Torrestío ao Alto da Farrapona e lagos de Saliencia. 28-12-2021

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 19 жов 2024
  • Esta ruta sae de Torrestío pra seguir por unha pista de terra ata o alto da Farrapona. Pensan na zona en asfaltala pronto, co que a ruta perderá o seu encanto. Ao chegar ao alto, ao que se pode acceder en coche pola parte asturiana, séguese un camiño que leva aos lagos de Saliencia, esta vez só chegamos ao primeiro, o da Cueva, xa que os días son curtos no nadal e non queriamos chegar de noite. Ao regraso a panorámica do val cos Ubiñas ao fondo é impresionante. Foi a nosa primeira experiencia en raquetas de neve, e démonos conta que son imprescindibles pra rutas con neve.
    A música do vídeo é unha peza chamada "Daría un mundo" do Álbum Naialma do gran compositor galego Alberto Vilas, que foi recoñecido este ano nos premios Martín Codax no apartado de música clásica e contemporánea.
    albertovilasqu...

КОМЕНТАРІ • 2

  • @9651alberto
    @9651alberto 2 роки тому +2

    Impresionante ruta, amigo! Qué maravilla!! Con esa música nin te conto...