A Audiencia Nacional ratifica o delito cometido polas industrias ao pactar prezos para o leite
Вставка
- Опубліковано 5 лют 2025
- Desde que no 2011 Unións Agrarias denunciou a existencia do #CárteldoLeite pasou moito tempo. Pero a loita e a espera valeu a pena, pois a Audiencia Nacional ven de acreditar o delito cometido polas industrias lácteas ao pactar prezos á baixa para o leite entre 2000 e 2013!
⚖️ Agora só queda seguir traballando para cuantificar o volume da débeda que as industrias teñen con cada un dos gandeiros e gandeiras que venderon leite nos anos de afectación do cártel. Pero xa podemos dicir sen lugar a dúbidas que todas e todos eles cobrarán o que lles corresponde!
🙋 5.025 gandeiros xa recorreron aos servizos xurídicos de Unións para tramitar as demandas por impagos contra o cártel. Pero no 2000 había en Galicia 35.000 granxas, e animamos aos titulares ou aos herdeiros de todas elas a reclamar o que, por dereito, lles pertence!