unha noite na eira do trigo. Os Tamara

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 18 вер 2024
  • Unha noite na eira do trigo,
    o refrexo do branco luar,
    unha nena choraba
    sin trégolas,
    os desdés dun
    ingrato galán.
    Y a coitada
    entre queixas decía
    xa no mundo
    non teño a ninguén,
    vou morrer e non ven
    os meus ollos,
    os olliños
    do meu doce ben.
    Os seus ecos
    de malencolía
    camiñaban nas alas
    do vento,
    Y o lamento repetía
    vou morrer e non ven
    o meu ben.
    Lonxe de ela de pé
    sobre a popa,
    dun aleve
    negreiro vapor,
    emigrando camiño
    de América
    vai o probe
    e infeliz Amador.
    Y o mirar
    as xentís anduriñas,
    cara a terra
    que deixa cruzar,
    quen pudera
    dar volta pensaba,
    quen pudera
    con vosco voar.
    Máis as aves
    e o buque fuxían,
    sin ouir seus
    amargos lamentos,
    solo os ventos repetían,
    quen pudera
    con vosco voar.
    Noites craras
    de aromas e lúa,
    desde entón
    que tristeza en
    vos hai,
    prós que viron
    chorar unha nena,
    prós que viron
    un barco marchar.
    Dun amor
    celestial verdadeiro
    quedou solo
    de bágoas a proba,
    unha cova nun outeiro
    e un cadavre
    no fondo do mar.

КОМЕНТАРІ • 15