Alalá nº 107 "Pumarín" - TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 20 жов 2024
  • Alalá nº 107 "Pumarín" - TVG
    Emisión: martes 14 DE ABRIL 2009
    As cousas que Pumarín aprendeu na vida non as aprendeu na escola, un luxo escaso nos Ancares dos anos 30. O que sabe da vida, sábeo de mirar e de facer, por iso se dedicou a crear cousas coas mans. Coa madeira fixo estruturas, colmeas, obxectos... a habilidade serviulle para gañar a vida como albanel, cesteiro... sabe cazar con escopeta e sen ela, porque nos tempos difíciles utilizou o lazo, as gaiolas etc... As mesmas mans que lle valeron para coñecer e crear servíronlle para ser un músico portador dunha antiga tradición de gaiteiros da zona do sur dos Ancares, en Becerreá.
    Na actualidade Pumarín traballa por entreterse, os tempos máis duros quedaron atrás. Na casa xa non rexenta a famosa tasca que durante moitos anos foi o centro de diversión de Quindous e outras parroquias de Cervantes ou Becerreá. Agora Pumarín vive tranquilo con Nieves, o amor da súa vida e na casa que el mesmo construíu coas súas propias mans...
    Do gaiteiro Pumarín apréndese o toque tranquilo, pechado e reflexivo dos gaiteiros dos Ancares. O son rudo e melancólico dese lugar máxico. O repertorio vello do tempo no que a gaita era o centro da festa e o gaiteiro a figura do baile.

КОМЕНТАРІ • 4

  • @adoracionleirosrodriguez9242
    @adoracionleirosrodriguez9242 3 роки тому +2

    Es de esas personas en extinción ..que maravilla..escuchar esta historia...gracias..

  • @josemartin-ye3se
    @josemartin-ye3se 7 років тому +5

    persona segun se ve excelente Sencillo humilde,pero a la vez listo y habilidoso orgulloso de lo poco o lo mucho que pudo hacer y una persona de la que se aprende muchisimo, Bravo POR ESTE PEQUEÑO GRAN HOMBRE

  • @luisafernandez3297
    @luisafernandez3297 2 роки тому +1

    Asi son los grandes??