Alalá nº 129 "O Capador de Muras" - TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 8 вер 2024
  • NOVA CANLE: alala.crtvg.es
    Alalá nº 129 "O Capador de Muras"
    Emisión en Televisión de Galicia: 22/12/2009
    O nome asusta, pero a súa música atrae. Esta noite Alalá co capador de Muras
    Decir só do capador de Muras que ten corte de capador non é exacto. Ramiro é bonachón e ledo. Ten sesgo de gaiteiro, e dado a súa profesión é festeiro. Un curioso cócktail, o do capador de Muras, que se complementa co carácter aberto que lle deu a experiencia do oficio, porque capando casa por casa coñeceu a multitude de xente e historias nos lugares de Forcarei e Silleda, polas parroquias dos Montes.
    Ramiro Cortizo naceu en Muras, de familia de capadores, anque con él a estirpe tivo un parón. Dos sete fillos que tivo, ningún saiu gaiteiro nin capador, unha pena, porque Ramiro é un excelente mestre nos dous oficios e noutros máis; porque antigamente en Muras, cantas máis cousas soubese un facer, mellor. O capador domina as artes gandeiras, agrarias e sociais. As ruadas das zonas son desas artes sociais nas que de mozo un se tiña que desenvolver, con canta máis soltura, mellor, porque nesas festas de inverno eran as mulleres as que levaban a voz cantante a ritmo de pandeireta. En moitas ruadas da zona, Ramiro era o gaiteiro oficial pagado a escote polo público feminino. Alí tocabe en pechado e cantaba en aberto, que as mulleres o oísen ben, pero sobretodo unha: a que o acompañou toda a vida e o acompañará no Alalá desta noite, Sara.
    Esta noite historias e música co capador de Muras.

КОМЕНТАРІ • 4