Avergoñeime de falar galego || Lady Avellana Viajes

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 20 вер 2024
  • Cando era nena, aprendín dúas linguas practicamente ao mesmo tempo: o galego e o castelán, linguas que, durante a miña infancia convivían e iso era o máis normal do mundo para min pero, chegada á adolescencia, a miña percepción das miñas linguas nais cambiou.
    De súpeto, comecei a recibir comentarios e burlas polo galego que eu empregaba. Os outros mozos e mozas dicíanme que o meu galego non era natural e mesmo que, o "tipo de galego" que falaba, tiña connotacións políticas.
    Eu, como boa adolescente con inseguridades, sentín que a xente me estaba xulgando e encasillando en grupos dos que eu nin sequera oíra falar e iso, asustoume.
    Buscando encaixar na sociedade e cumprir "o papel que me fora asignado", deixei de falar galego pola vergoña que me daba esta situación pero, co paso dos anos cambiei de parecer e decidín implantar o galego en máis ámbitos da miña vida, tentando romper cos prexuízos e as inseguridades que me rodeaban.
    Algúns destes medos aínda a día de hoxe perséguenme pero, cada día, esfórzome por seguir adiante loitando polos meus ideais e, sobre todo, pola supervivencia da miña identidade e da miña lingua.
    __________________
    SNL da UDC (Servizo de Normalización Lingüística):
    www.udc.es/gl/...
    __________________
    Se queres coñecerme un pouco máis podes seguirme nas miñas redes sociais ou, se ti es unha marca, podes poñerte en contacto comigo a través do meu e-mail:
    Instagram: / ladyavellanaviajes
    Facebook: / ladyavellanaviajes
    Twitter: / ladyavellana
    Contacto: info@ladyavellanaviajes.com
    Vémonos!
    #FalarGalego #Galego #Vergüenza

КОМЕНТАРІ • 645