OS DEZAS DE MONEIXAS 🎼

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 18 вер 2024
  • Documental Biográfico sobre o lexendario grupo " Os Dezas de Moneixas ".
    Foi o cura párroco de Moneixas D. Andrés Cajide alá polo ano 1920 o que xuntou a un puñado de mozos da parroquia para ensinarlles as cousas mais elementais da música, educación da voz e ó aprendizaxe de instrumentos como a gaita, guitarra, pandeireta etc. O motivo principal desto era entreter os mozos pero como sempre pasa nestes casos, a cousa derivou nun grupo de gaiteiros xunto con unha ou dúas parellas de baile e canto.
    O grupo na súa primeira formación estaba composto polos gaiteiros Xosé Benito, Darío e Amancio Gonzalez, na caixa Celso Gonzalez, a pandeireta Manoliño e Luís Portas ó bombo, e complementabase con un grupo de canto e baile formado ademais dos gaiteiros por Laureano, Isaura e María González. Como se pode ver polos seus apellidos o grupo era moi familiar, formado por irmáns e curmáns.
    Durante a República Os Dezas eran xa úns grandes da Música Galega e tiñan un prestixio gañado ó traveso de tada Galicia, actuan no ano 1933 no San Froilan de Lugo xunto aos Gaiteiros de Soutelo de Montes e percorren a meirande parte de Galicia facendo actuacións.
    No ano 1963, coa morte de Darío e a de Luís Portas pouco despois, dase por rematada a primeira etapa dos Dezas de Moneixas.
    A partir do ano 1965, comenza a segunta etapa dos Dezas, etapa que según moitos entendidos da música galega (Antonio Santalices, Castro de Santona…) foi moito mais prolífera que a primeira. Esta nova etapa estaba formada por; Xosé Benito, Ismael, Manolo de Laro, Manoliño, Laureano e Mario fillo de Manoliño, e ocasionalmente Alfonso e Luís irmaos de Mario. A calidade musical do grupo levaos a actuar fora de Galicia, actuando durante anos en Madrid, Asturias, Valencia…
    Transcurría o ano 1974, cando o grupo recibe un duro golpe o morrer Manoliño. Pero esta vez non chegou a recuperarse e desapareceu no ano 1982 coa morte de Laureano.
    Fuente:
    joseiglesiasfe...
    No Allo

КОМЕНТАРІ • 1

  • @NoAllo
    @NoAllo  2 роки тому +1

    Suscríbete al canal ahora 🔰
    ua-cam.com/users/NoAllo