XAN MÍGUEZ GONZÁLEZ 🎼 O VENTOSELA

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 16 вер 2024
  • Documental Biográfico sobre o lexendario gaiteiro "O Ventosela".
    Xan Míguez González, coñecido como O Ventosela, nado en Ventosela (Ribadavia) no 21 de xaneiro 1847 e finado o 10 de xullo do 1912 no mesmo lugar, foi un coñecido gaiteiro galego. Fíxose famoso pola súa participación nas competencias entre gaiteiros, habituais no seu tempo, durante as festividades de vilas e cidades. Pioneiro na adaptación da música tradicional galega as novas modas musicais, a súa fama permitiulle saír a tocar no estranxeiro, actuando en cidades como Madrid, París, Londres, Lisboa, La Habana, Montevideo ou Buenos Aires.
    Labrego de profesión, descoñécense os seus inicios como músico. A pesar diso algún autor relaciónao con Manuel Castro González, o mítico gaiteiro de Penalta inmortalizado por Curros Enríquez. As primeiras noticias da súa existencia proceden das aparicións como competidor nos certames gaiteiros, moi populares na súa época. Estas competicións, coetáneas do rexurdimento cultural de Galiza, convocábanse durante as festas patronais das principais vilas galegas, e axudaron a que a sona dos gaiteiros transcendese as lindes das súas comarcas.
    O Ventosela aparece por primeira vez nos medios impresos como vencedor do certame ourensán do ano 1876. Desde aquela figura como participante en moitos outros, como o de Pontevedra do ano 1888, o de Tui en 1893, na Coruña no 1896, ou os de Santiago de Compostela dos anos 1900 e 1901.
    A aparición no panorama musical galego, a mediados do século XIX, das bandas de música, provocou unha mudanza nas preferencias do público. Estas formacións musicais introduciron unha nova instrumentación e repertorio, e con elas apareceu un novo xeito de bailar: o agarrado. Malia a oposición dos sectores sociais máis conservadores, os "agarradiños" arrasaron nos terreiros das festas, facendo obrigada a evolución dos, até o momento indispensábeis, gaiteiros tradicionais.
    O Ventosela foi dos primeiros en adaptárense á nova situación. Con músicos saídos da banda de música de Ribadavia, A Lira, formou un cuarteto con gaita, clarinete, caixa e bombo. Esta agrupación, axiña imitada noutros lugares do país, permitiulle manter o seu lugar nas festas tocando os novos ritmos: pasodobres, mazurcas, Fox-trot, zarzuelas etcétera.
    A controversia arredor da súa figura serviu para acrecentar a súa fama, facendo del o máis coñecido gaiteiro do seu tempo. Sobre el escribiron moitos autores e xornalistas como Lamas Carvajal, Samuel Eijan, Camilo de Cela ou Alfonso Pérez Nieva. Emilia Pardo Bazan, quen facía parte do xurado do certame de Ourense do 1883, dedicoulle cumpridos eloxios, outros, como Jaime Solá, criticaron abertamente a súa evolución musical.
    A súa sona fixo que fose chamado polos centros galegos da diáspora. No ano 1896, acompañado do gaiteiro Roxelio Rodríguez "O Carballiño" e un dos seus fillos, actuou no madrileño Teatro da Zarzuela, á beira do Orfeón galego de Pascual Veiga.A actuación foi un grande éxito que recibiu un importante acompañamento por parte dos periodistas. Porén, tampouco aquí faltaron as críticas, criticándose a falta do repertorio máis enxebre, a pouca presenza da lingua galega e que os músicos se presentasen vestidos "de señoritos" e non co traxe tradicional.
    A xira madrileña, na que chegou a actuar no Palacio da Moncloa, impulsouno definitivamente. Nos anos seguintes foi reclamado noutros lugares como París, Londres, Lisboa ou La Habana.
    A comezos do 1908, baixo patrocinio do empresario Martín Echegaray, realizou a derradeira xira pola Arxentina e o Uruguay. No 31 de marzo actuou no Teatro Victoria de Buenos Aires nun multitudinario concerto. Unha anónima crónica do concerto no Correo de Galicia criticaba acedamente o repertorio do gaiteiro, que o xornalista xulgaba estraño "como se un gaucho da pampa entoase un alalá" entanto que, facía notar o cronista, a aparición no concerto dunha muiñeira facía o público prorromper en aturuxos. Regresado das Américas Ventosela despediuse dos escenarios nun último concerto, do que se conserva o cartel anunciador, celebrado no 9 de Agosto do 1908
    Porén, a adaptación da gaita galega ás súas novas parellas melódicas non foi doada. A gaita, de fabricación artesá, non completaba a escala cromática, e dicir, non podía tocar nos tons sostenidos ou bemoles. Como solución á dificultade, o Ventosela colocou chaves no punteiro, o que lle permitiu harmonizar con clarinetes e requintos. A modificación provocou o espanto dos músicos máis tradicionalistas. O gaiteiro Choumín de Celtigos dedicou ao Ventosela unha ríspida copla que pasou a historia: "Ventosela Ventosela moita chavería na canaveira".
    Esta modificación, xunto a outros atrevementos como actuar en teatros e outros espazos pechados, ou o abandono da vestimenta propia do gaiteiro tradicional, fixo do Ventosela unha figura enormemente polémica na súa época.
    No Allo

КОМЕНТАРІ • 1

  • @NoAllo
    @NoAllo  2 роки тому +1

    Suscríbete al canal ahora 🔰
    ua-cam.com/users/NoAllo