Trailer Consello de Galiza o goberno galego no exilio

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 5 лют 2025
  • O Consello de Galiza, o primeiro goberno galego no exilio, foi creado formalmente na cidade de Montevideo o 15 de novembro de 1944 e constituído, de facto, o 8 de decembro na cidade de Bos Aires, no fogar de Manuel Puente, empresario galeguista e mecenas de Castelao, coa participación dos deputados galegos Alfonso Castelao, Ramón Suárez Picallo, Antón Alonso Ríos e Elpidio Villaverde.
    O documental ten unha duración de 45 minutos e conta con testemuños de históricos galeguistas e republicanos coma Lois Tobío, Mariví Villaverde, Rosa Puente, Xaime Isla Couto, Francisco Fernández del Riego, Santiago Carrillo, Elixio Rodríguez, Manuel Martínez Lamela, mais a participación de diversas personalidades da vida política e cultural galega e estatal: Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao; Francisco López “Chesqui”, S. xeral do Partido Galeguista; Iñaki Anasagasti, xornalista e dirixente do PNV; Xoán Antón Pérez Lema, avogado; Alfredo Erias, historiador.
    Por último, o acto no Parlamento de Galicia, do 15 de novembro de 2024 celebrando o 80 Aniversario da Constitución do Consello de Galiza, pecha a narrativa documental coa participación de Miguel Ángel Santalices, pte. do parlamento e Xesús Manuel Suárez, pte. do Partido Galeguista.

КОМЕНТАРІ • 2

  • @gem3132
    @gem3132 Місяць тому +1

    🇪🇦🇪🇦🇪🇦🇪🇦🇪🇦🇪🇦🇪🇦🇪🇦🇪🇦

  • @reyesmercado340
    @reyesmercado340 Місяць тому +1

    Y CUATRO HUEVOS DUROS !!
    QUE DESCARO !!