Alalá nº 162 "A Requinta da Laxeira" - TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 28 сер 2024
  • Alalá nº 162 "A Requinta da Laxeira" - TVG
    Emisión en Televisión de Galicia: 16/11/2010
    LUGAR: SARANDÓN (VAL DO ULLA)
    alala.crtvg.es
    Ás numerosas e afamadas festas do Val da Ulla hai que engadirlle as romarías espontáneas, para as que son necesarias dúas cousas: xente con ganas de brincar e alguén que toque, e si están amenizadas por un grupazo como a “Requinta da Laxeira” o éxito está asegurado. Os da Requinta son un grupo numeroso, o mais novo ten catorce e o mais grande trinta e seis, o difícil é quedar para os ensaios porque uns traballan, outros estudian, un vive aquí e outro acolá, algún é pai de familia pero todos, os trece están unidos pola música.
    Estas fértiles terras son as do sonado viño da Ulla, as do seu augardente, as do entroido… as dos muíños, do río e aquí estes rapaces comezaron na música de moi nenos. Aquí comeron, beberon e medraron, neste lugar chamado Sarandón. Agora guiados por Emilio Lois, o director da tropa, decidiron manter viva a tradición musical desta zona. Son parrandeiros e gústalle a festa a mais non poder, a festa sin fin. Os Laxeiros xogan con ventaxa, son novos e déronlle a este val un aire fresco e alegría coas requintas e gaitas que sempre houbo aquí.
    Esta é unha zona de requinteiros, de aquí saían os mellores grupos nos que a gaita e a requinta soaban a un tempo para animar as festas de tódalas vila de un e do outro lado do río; pero, como moitos instrumentos estivo a punto de desaparecer. Afortunadamente recuperouse polo testemuño e o saber dos vellos requinteiros e as ganas e a ilusión dos novos músicos. Os da Requinta da Laxeira tocan, bailan e cantan, e son capaces de baixar do escenario e facer bailar ata ó pau dunha escoba. Teñen un repertorio popular moi coñecido, pero ademais, no Alalá desta noite aprenderemos coreografías e ¡ata algunha letra nun karaoke tradicional!.
    (en 720p)

КОМЕНТАРІ • 3

  • @videoXIAN
    @videoXIAN 5 років тому +2

    A REQUINTA DA LAXEIRA FACENDO FESTA! "Gallegos sin complejos/Galegos sen complexos"

  • @raonipaes
    @raonipaes 7 років тому +1

    Hahah são geniais! Muito humoradas as letras das músicas.
    Pelotas é uma cidade do estado do Rio Grande do Sul no Brasil, não um estado heheh

  • @maruxalopez7602
    @maruxalopez7602 6 років тому +1

    Que bos