😮😱 CAPÍTULO FINAL 😨😰 ........ ❤️ ........ 🧙‍♂️O VENTO DO MEDO🧙‍♀️

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 23 жов 2024
  • Sétimo e último capítulo desta lenda máxica titulada "O Vento do Medo".
    Nel descubriremos o final desta fantástica historia que Faustino e Marcelino tiñan tan segredamente preparada para as clases de 2º de primaria, na biblioteca do CEIP Nazaret de Cangas do Morrazo.
    Esperamos que disfrutarades moito de todos os capítulos e especialmente deste... (aínda que seguro que máis dalgún, sentiu seguramente un pouquiño de nervios ou medo...😘)
    Moitas grazas coma sempre familias, pola vosa colaboración e participación en todo este proxecto!!
    PD -- Ademais para este último video, Faustino e Marcelino queren saber se estivechedes ben atentos ó video, porque vos queren facer unhas preguntas que poderedes contestar nas vosas libretas :
    As preguntas son as seguintes:
    1 -- Que trouxeron de volta Faustino e Marcelino na caixa negra?
    2 -- Que apareceu queimado no periódico?
    3 -- Que tiñan que buscar a maga Paca e o mago Rino dentro dunha rosa?
    4 -- Cantos retos finais tiveron que facer o público, a maga Paca e o mago Rino?
    5 -- Cantos coitelos "lle clavou" o mago Rino na caixa da cabeza á maga Paca?
    6 -- Cal foi o reto máxico que te puxo máis nervioso? Por que?
    🧙‍♂️🧙‍♀️
    Unha forte e cariñosa aperta
    de Faustino, Marcelino,
    a maga Paca e o mago Rino.

КОМЕНТАРІ •